Pobo potawatomi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 14:
Os '''potawatomi''' son un [[Pobos indíxenas de América|pobo indíxena]] do grupo [[pobo anishinaabe|anishinaabe]] que habita na rexión das Grandes Chairas, ó norte do [[río Mississippi]] e no oeste da rexión dos [[Grandes Lagos, América do Norte|Grandes Lagos]]. Están relacionados cos pobos [[Pobo ojibwa|ojibwa]] e [[Pobo ottawa|ottawa]]. Tradicionalmente, falan a [[lingua potawatomi]], pertencente á [[Linguas algonquinas|familia algonquina]]. Os potawatomi chámanse a si mesmos '''''Neshnabé''''', un conato da palabra ''[[Anishinaabe]]''. Os potawatomi formaban parte dunha alianza de longa duración, coñecida como [[concilio de tres lumes]], cos pobos [[Pobo ojibwe|ojibwe]] e [[Pobo ottawa|ottawa]]. No concilio de tres lumes, os potawatomi eran considerados o "irmán máis novo" ou '''''bodéwadmi'''''.
 
No século XIX, foron forzados a trasladarse cara ó oeste polos europeos e foron recluídos en reservas en Oklahoma. Por mor da [[Deportación dos indios dos Estados Unidos de América|deportación masiva de indíxenas]], moitos cederon as súas terras e foron recolocados en [[Nebrasca]], [[Kansas]] e o [[Territorio Indio]]. Algunhas bandas sobreviviron no Medio Oeste e no presente forman tribos recoñecidas. No Canadá, existen máis de 20 bandas de potawatomi.
 
== Véxase tamén ==