Valentín Paz-Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
→‎Guerra civil e posguerra: + dato desde a referencia achegada
Liña 98:
 
O [[7 de xuño]] de [[1964]] foi nomeado membro numerario da [[Real Academia Galega]], a proposta de Otero Pedrayo, [[Domingo García-Sabell]], Fernández del Riego, [[Xesús Ferro Couselo]] e [[Francisco Vales Villamarín]], aínda que non leu o discurso de ingreso ata o [[11 de febreiro]] de [[1978]], baixo o título de "A galecidade na obra de Guimarães Rosa", respondido por [[Álvaro Cunqueiro]].<ref name=RAGDLG12/>
 
Foi o avogado defensor de [[Alberto Míguez]] cando o acusaron no Tribunal de Orde Pública pola publicación en 1966 do libro ''El pensamiento político de Castelao'', editado en [[París]] por [[Ruedo Ibérico]]. O xornalista coruñés foi condenado a seis meses de prisión e unha multa.<ref>[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2005/09/15/periodista-internacional/0003_4073131.htm "Un periodista internacional"], artigo de Carlos Fernández en ''La Voz de Galicia'', 15 de setembro de 2005 {{es}}.</ref>
 
En agosto de [[1970]] sofre unha [[embolia]] cerebral da que se recupera non sen dificultades.<ref>En xaneiro de 1972 escribe o seguinte a [[Emilio González López]]: "''Desde fins de agosto de 1970 veño padecendo os efectos da enfermedade que non acaba de remontarse. Supóñote enteirado de que sufrín unha pequena embolia cerebral, ademais de certas alteracións no ritmo cardíaco. Estou loitando por alcanzar a normalidade, mais a cousa non parece doada''".</ref> En [[1973]] créase a ''[[World Fishing Exhibition]]'', en Vigo, da que actúa como xerente.