Alberto Míguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
En 1966 publicou o libro ''El pensamiento político de Castelao'', editado en [[París]] por [[Ruedo Ibérico]]. O volume, unha antoloxía de textos de [[Castelao]], levouno ante o Tribunal de Orde Pública. Foi defendido por [[Valentín Paz Andrade]], e condenado a seis meses de prisión e unha multa.<ref>[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2005/09/15/periodista-internacional/0003_4073131.htm "Un periodista internacional"], artigo de Carlos Fernández en ''La Voz de Galicia'', 15 de setembro de 2005 {{es}}.</ref>
 
Seguiu a súa carreira profesional no diario ''Madrid'', pechado en 1971 por [[Manuel Fraga]]. Comezou a traballar entón en ''[[La Vanguardia]]'' como correspondente en [[Marrocos]] e despois en [[Lisboa]], onde cubriu a [[Revolución dos Caraveis]]. En 1976 participou na creación do xornal ''[[El País]]'' como redactor xefe da sección internacional, e despois regresou a ''La Vanguardia'' como correspondente diplomático. Entre 1982 e 1996 foi decano dos correspondentes diplomáticos de España. En 1986 o seu chalé de [[Zumaia]] ([[GuipuscoaGuipúscoa]]) foi asaltado por membros de [[ETA]].
 
Morreu por mor dunha doenza hepática. Estivo casado coa francesa [[Lilliane Dublanc]], con quen tivo un fillo.