Burgo das Nacións: Diferenzas entre revisións

residencia universitaria
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con información da referencia citada.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de decembro de 2017 ás 18:29

O Burgo das Nacións foi un complexo residencial construído con carácter provisorio no ano 1965, no lugar de Vite da parroquia de Vista Alegre para albergar os peregrinos que viñan a Santiago de Compostela nese Ano Santo Xacobeo.

Foi explotado pola Administración Turística Española e chegou a ter unha capacidade de preto de 4 000 prazas distribuídas en 47 pavillóns.

Rematado o Xacobeo 1965, este conxunto de módulos, construídos con materiais lixeiros e efémeros, cubriu deficiencias e albergou institucións necesitadas de instalacións: foi residencia de posgraduados, aulario de varias especialidades universitarias, sede da imprenta da Universidade e da súa gardería e acolleu as dependencias da Policía Nacional, entre outros usos.

En 1979 a Universidade de Santiago comezou a utilizar o Burgo das Nacións como residencia universitaria mixta e, no curso académico de 1986-87, iniciáronse as obras do edificio da actual residencia de estudantes, que ocupa unha parte do complexo inicial, fronte ao Auditorio de Galicia, obras que remataron no curso 1992-93.

Véxase tamén

Ligazóns externas