América do Norte: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
→Industria: texto traducido desde a wiki .ca:Amèrica_del_Nord#Indústria |
Sen resumo de edición |
||
Liña 103:
A expansión territorial dos Estados Unidos estivo marcada por unha serie de guerras contra os pobos [[Pobos indíxenas de América|amerindios]], os que se resistían á invasión das súas terras.<ref>[http://www.understandingrace.org/history/society/indian_wars_westward_exp.html Indian Wars and Westward Expansion] (en inglés)</ref>
Entre o [[1832]] (cando o xefe [[Pobos indíxenas de América|amerindio]] [[Falcón Negro]] iniciou unha guerra en defensa das terras situadas ao leste do [[río Mississippi]]) e o [[1877]] (cando o [[pobo nez perce]] de [[Oregón]] foi derrotado)<ref>[http://www.mnsu.edu/emuseum/cultural/northamerica/nez_perce.html www.mnsu.edu] (en inglés)</ref> os pobos amerindios das [[Grandes Planicies]], no suroeste, e das [[Montañas Rochosas]] loitaron contra case todos os movementos migratorios dos colonos de orixe [[europeo]] cara ao oeste. Gran parte da oposición armada á autoridade dos Estados Unidos orixinouse entre os [[síux]] e chegou ao seu punto álxido na [[batalla de Little Bighorn]] ([[25 de xuño]] de [[1876]]) que tivo lugar no territorio da actual [[Montana]]. Nesta batalla unha gran forza de [[síux]] e [[Pobo
Ademais da apropiación do [[territorio indio]] durante os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]], os [[Estados Unidos]] anexionaron outras rexións de América do Norte: [[Alasca]] (adquirida a [[Rusia]] en [[1867]] por 7 millóns de dólares), [[Porto Rico]] (gañado a [[España]] en [[1898]] logo da [[guerra hispano-estadounidense]]), a zona da [[canle de Panamá]] (tomada en [[1903]] e devolta a [[Panamá]] en [[1979]]) e as [[illas Virxes Americanas]] (compradas a [[Dinamarca]] en [[1917]] por 25 millóns de dólares).
|