Daniel González Alén: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 5:
Fillo de [[Daniel González González]] "O Tío Xanete" animador cultural e personaxe moi coñecido e estimado na comarca de Deza. Traballou no sector da banca, sendo director da sucursal do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria en Lalín; anteriormente dirixiu as sucursais de [[Silleda]] e [[Ribadavia]].
 
Colaborou en ''[[El Correo Gallego]]'' (1973-1976) e ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'' (1983-1986) e despois en ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[Faro de Vigo]]''. Tamén colaborou nas emisoras Radio Lalín, Radio Pontevedra, [[Radio Nacional de España]] ([[1981]]-[[1985]]) e Radio Noroeste (1987-1993). Ten participado en numerosos programas na [[Televisión de Galicia|TVG]] e na [[TVE]]. Foi correspondente do [[Museo de Pontevedra]] e membro do Padroado Cultural de Lalín e do Seminario de Estudos de Deza.
 
Traballou comoFoi director e guionista do grupo [[Deza Cine Galego|Deza Cinema Galego]] e participando nas películas ''[[O campo galego]]'', ''[[Fiadeiras de Zobra]]'', ''[[Consello do compadre]]'', ''Loita'', ''Lalín'', ''[[Cantigas da emigración]]'' e ''[[Santuario do Faro]]'', premiadas en numerosos festivais de cine aficionado como o de [[Vilagarcía de Arousa]], [[Vigo]] e [[Lugo]], e proxectándoas en centos de parroquias e vilas de Galicia entre 1976 e 1985. Dirixiu o xornal ''La Defensa'' de Lalín ([[1980]]) e colaborou, ademais, na redacción da [[Gran Enciclopedia Galega]].
 
== Recoñecementos ==
En [[2008]] obtivo o "XV Premio Nacional de Periodismo Alvaro Cunqueiro"; en [[2015]] recibiu a distinción "Lalinense do Ano 2015. Traxectoria de toda unha vida" en recoñecemento ao seu labor como cronista da vila de Lalín e a prol do estudo e divulgación da historia e do patrimonio da [[comarca de Deza]] e ao ano seguinte e polo mesmo motivo recibiu a máxima distinción que outorga o Concello de Lalín, a "Folla de Carballo na modalidade de Ouro". Tamén en 2016 a Asociación Cultural A Carballeira de [[Cercio, Lalín|Cercio]] tributoulle un recoñecemento público polo seu labor de "toda unha vida" a prol da cultura galega e dezá en particular.
 
== Obra en galego ==
Liña 34:
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://canletv.agadic.info/curta/o-santuario-de-faro/ Documental: "O santuario do Faro], "Fiadeiras de Zobra", "O campo galego", "Lalín", "Silleda", "Cruces e Agolada", "Rodeiro e Dozón" e "Entroido en Brandariz" .
* Peliculas argumentais: "Loita", "O consello do compadre", "Cantígas da emigración" e "O aparato".
 
{{Control de autoridades}}