Charlotte Perkins Gilman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m Inclusión de imaxes e revisión xeral do artigo, redacción e fontes bibliográficas
Liña 1:
{{wikificar|problemas de formato, texto non en galego, dividir traxectoria en seccións}}
{{Escritora}}
'''Charlotte Anna Perkins''', nada en [[Hartford, Connecticut|Hartford]] o [[3 de xullo]] de [[1860]] e finada en [[Pasadena]] o [[17 de agosto]] de [[1935]], foi unha intelectual norteamericana multidisciplinar, moi activa en defensa dos dereitos civís das mulleres entre finais de 1890 e mediados de 1920. A súa obra máis coñecida é ''The Yellow Wallpaper'' publicada en 1892, un relato breve con toques autobiográficos escrito tras unha profunda [[Depresión (psicoloxía)|depresión]] postparto. A súa utopía ''Herland'' (1915), é considerada a precursora da ciencia-ficción feminista moderna. A súa figura servirá de modelo para futuras xeracións de mulleres debido ás súas ideas e o seu estilo de vida pouco ortodoxo para a época.
Liña 15 ⟶ 14:
 
Durante o verán de 1881, cando Martha atópase de vacacións coa súa familia fóra da cidade, coñece a Charles A. Lane. Antes de finalizar o ano, o 1 de novembro, ambos se casarán e trasladaranse a Hingham ([[Massachusetts]]) con plans de formar unha familia. O matrimonio terá dous fillos: Charles C. (1883) e Margaret L. (1886).
[[Ficheiro:Portrait of Charlotte Perkins Gilman, 1884. (17378709532).jpg|esquerda|miniatura|Charlotte Perkins Gilman, 1884]]
 
Nun breve período de tempo todo cambia e transfórmase para sempre. Para Charlotte, todo isto supón un impacto emocional bastante forte do que quedará constancia tanto na súa autobiografía como na correspondencia existente entre ela e [http://cds.library.brown.edu/projects/CreativeNonfiction/spring00/rabinowitz.html Martha] (parcialmente conservada)<ref>{{Cita web|url=http://schlesinger.radcliffe.harvard.edu/onlinecollections/gilman/search?series%5B%5D=Series+III%3A+GENERAL+CORRESPONDENCE&names%5B%5D=Lane%2C+Martha+Luther%2C+1862-1948|páxina-web=Charlotte Perkins Gilman Digital Collection. Radcliffe Institute for Advanced Study, Harvard University.|título=Martha Luther Lane (1862-1948). General Correspondence. Series III (en inglés)|data-acceso=1/12/2017}}</ref> que durará ao longo das súas vidas.
 
Liña 25 ⟶ 24:
 
Durante o verán de 1888, Charlotte márchase unha tempada a [[Bristol]] (Rhode Island) xunto á súa filla Katharine e alí comeza a notar unha progresiva mellora da súa depresión. Gilman finalmente decide separarse do seu esposo, pois o considera necesario para mellorar a súa saúde mental. Anos máis tarde, en abril de 1894, o matrimonio divorciarase, algo insólito para a época. Esta experiencia será de moita axuda para ela, para máis adiante escribir unha das súas obras máis coñecidas e valoradas ''The Yellow Wallpaper'' (1892).
[[Ficheiro:Informal portrait of Charlotte Perkins Gilman and her daughter, Katherine Beecher Stetson, outdoors, ca. 1897. (16911145300).jpg|miniatura|Charlotte Perkins Gilman i la seva filla Katherine Beecher Stetson (1897)]]
 
Despois da separación, Gilman marchouse coa súa filla a [[California]]. No ano 1890, inspirouse o suficiente como para producir 15 ensaios, poemas, e unha novela. Para Charlotte foi unha época de gran creatividade, activismo social e actividade intelectual. Paralelamente participaba activamente en varias organizacións feministas e reformistas como a ''Pacific Coast Woman's Press Association'', a ''Woman's Alliance'', o ''Economic Club'', a ''Ebell Society'', a ''Parents Association'' e o ''State Council of Women''.
 
En 1892 publicou a súa primeira obra ''O papel da parede amarelo'', un relato breve inspirado na súa propia experiencia durante a súa época depresiva e o seu cura de repouso, unha das súas obras máis coñecidas e valoradas. Charlotte escribiuno entre o 6 e o 7 de xuño de 1890 na súa casa de Pasadena, e foi impresa un ano e medio despois no ''The New England Magazine'' no número de xaneiro de 1892. Desde a súa edición orixinal, foi incluída en numerosas coleccións de literatura feminina, literatura estadounidense e libros de texto.<ref name=":2">{{Cita libro|título=Charlotte Perkins Gilman's “The Yellow Wall-paper” and the History of Its Publication and Reception. A Critical Edition and Documentary Casebook|apelidos=Bates Dock|nome=Julie|editorial=University Park, PA: The Pennsylvania State University Press|ano=1998|ISBN=978-0-271-01733-4|ref=}}</ref> A historia trata sobre unha muller que sofre unha enfermidade mental logo de estar dous meses atrapada dentro de casa mirando ao mesmo repugnante empapelado amarelo. Gilman escribiu esta historia para cambiar a opinión da xente sobre o papel da muller na sociedade, ilustrando como a falta de autonomía das mulleres anaba en detrimento da súa saúde mental, emocional e ata física. A narradora da historia debe facer o que o seu esposo e o seu doutor mandan, aínda que o tratamento que prescriben contrasta directamente co que ela de verdade necesita: estimulación mental, e a liberdade de escapar á monotonía da habitación na que se atopa confinada. O empapelado amarelo era esencialmente unha resposta ao médico<ref>S. Weir Mitchell</ref> que intentara restablecela da súa depresión a través dunha cura de descanso, ela envioulle unha copia da historia.<ref name=":2" />
[[Ficheiro:Lecturer Charlotte Perkins Gilman.jpg|esquerda|miniatura|400x400px|Manifestación sufaxista e Charlotte Perkins Gilman parlando.]]
 
Comezou a impartir conferencias sobre o nacionalismo para o Radical Nationalist Party e gañou visibilidad pública co seu primeiro volume de poesía, ''In This Our World'', publicado en 1893. A súa carreira como conferenciante quedou impulsada,<ref name=":2" /> pasando a ser os seus discursos unha fonte habitual de ingresos. A súa fama creceu xunto co seu círculo social de activistas das mesmas opinións e escritores do movemento feminista.