Sarah Kane: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 18:
Aínda que en público Sarah Kane adoitaba mostrarse aberta, dinámica e lúcida, a autora atopábase cada vez máis dominada pola depresión maníaca que padecía. En 1998 estreou dúas obras que trataban sobre a violencia de [[Psiquiatría|psiquiatras]] e a dor de enfermos con [[Enfermidade mental|trastorno mental]].
 
En abril presentou ''Cleansed'', texto dedicado aos pacientes e ao persoal do Es3, división de hospital psiquiátrico onde cada vez era ingresada con maior regularidade. En agosto estreou ''Crave'' co [[pseudónimo]] de Marie Kelvedon, onde os personaxes viven con dor os seus trastornos, as súas angustias e a súa soidade.
 
En xaneiro de 1999, Sarah Kane ingresou voluntariamente no Maudsley Hospital de Londres, mentres a crítica loaba o seu talento. Cada vez máis enferma, Sarah escribiu para desafogarse un monólogo onde envorca toda a súa desesperación, o seu desexo de vida e amor, pero que só acha unha saída no [[suicidio]]. O monólogo, ''4.48 Psychosis'', fai referencia á hora en que máis suicidios se cometen segundo as estatísticas inglesas, pois esa é a hora aproximada na que acaban os efectos dos fármacos tomados a noite anterior. A obra mostra que é o que pasa pola mente dunha persoa cando xa non distingue o real do imaxinario, os recordos da fantasía, os soños dos pesadelos.
Liña 37:
 
{{control de autoridades}}
{{ORDENAR:Kane, Sarah}}
 
{{ORDENAR:Kane, Sarah}}
[[Categoría:Escritores en lingua inglesa]]
[[Categoría:Escritores de Inglaterra]]