Mutilación xenital: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{enuso}} A '''mutilación xenital''' consiste en calquera tipo de procedemento que supoña a lesión dos xenitais externos ou a súa extirpación parcial ou total por motivo..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de decembro de 2017 ás 23:33

A mutilación xenital consiste en calquera tipo de procedemento que supoña a lesión dos xenitais externos ou a súa extirpación parcial ou total por motivos alleos ás necesidades médicas e sen ter en conta o parecer da persoa á que se lle practica.

As razóns pra levar a cabo a mutilación xenital adoitan ser de tipo cultural ou social. Para a maioría das culturas nas que se practica, a principal razón para a mutilación xenital feminina é a crenza de que é necesaria para conseguir un bo casamento. [1]

Ámbito xeográfico

En todo o mundo, máis de 200 millóns de nenas e mulleres padeceron algún tipo de mutilación xenital. En África máis de 125 millóns de nenas maiores de 10 anos foron vítimas de mutilación xenital. África Occidental é a rexión con maior incidencia desta práctica, onde o número de vítimas supera o 85% das mulleres de entre 15 e 45 anos. [2]

En América existe tamén esta tradición entre o pobo emberá chamí, que se estende entre zonas de Ecuador, Colombia e Panamá. Calcúlase que aínda se realiza a dúas de cada cinco bebés. [3]

Referencias