Mamíferos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 62:
=== Aparello dixestivo ===
[[Ficheiro:Gastro-intestinal tract.png|miniatura|dereita|[[Aparello dixestivo]]]]
Esta formado por unha [[boca]], con [[dente]]s, [[beizo]]s e [[lingua]], na cal desembocan as [[glándula salival|glándulas salivais]]; unha [[farinxe]] curta; un [[esófago]] que atravesa o diafragma; un [[estómago]] en forma de saco e no que desembocan as [[glándula gástrica|glándulas gástricas]]; un [[intestino delgado]] moi longo, dividido en tres partes ([[duodeno]], [[xexuno]] e [[íleo]]) e no que se produce parte da absorción da substancias alimenticias, e un intestino terminal, que comprende o [[cego (anatomía)|cego]] (moi desenvolvido en [[herbívoro]]s), o [[intestino groso|groso]] e o [[recto]], que desemboca ao exterior polo [[Ano (anatomía)|ano]].
 
Ademais existen unha serie de glándulas anexas, entre as que hai que destacar o [[fígado]], moi voluminoso e provisto dunha [[vesícula biliar]], e o [[páncreas]], que verte a súa secreción no duodeno.