Diocese de Britonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10:
|igrexa=[[Igrexa Católica]]
}}[[Ficheiro:Britonia6hcentury.png|miniatura|dereita|200px|Mapa dos asentamentos britanos arredor do século VI d.C.]]
A '''diocese de Britonia''' (tamén chamada '''de [[Bretoña]]''') foi unha antiga división episcopal da [[Gallaecia]], e na actualidade é unha [[sé titular]] da [[Igrexa Católica]].
 
== Fontes ==
Liña 20:
 
== Localización ==
O territorio da antiga diocese dos [[bretóns]] —Britonia— ocupou principalmente a franxa costeira da [[Mariña de Lugo]] ata a [[comarca da Terra Chá]], chegando a súa influencia ata as costas da [[comarca do Eo-Navia]] polo leste, e de [[Ferrol]] polo oeste. A súa antiga sé, coñecida co nome de ''Mosteiro Máximo'' foi identificado por algúns autores como [[Manuel Díaz y Díaz|Díaz y Díaz]] coa basílica medieval de [[San Martiño de Mondoñedo]], onde se atopan restos do séculos V-VI d.C. Cambiando de sé e nome en varias ocasións, a actual [[Diocese de Mondoñedo|diocese galega de Mondoñedo]] é a súa sucesora histórica. Cada ano no mes de agosto a vila de [[Bretoña, A Pastoriza|Bretoña]] celebra o seu pasado coa Festa do [[Lugnasad]], xuntanza lúdico-cultural que esta a sumar maior capacidade de convocatoria cada ano no calendario festivo galego.
 
O asentamento desta vaga de emigrantes bretóns e a creación dunha diocese relixiosa propia supón o segundo maior asentamento dun pobo estranxeiro en terras galegas, despois dos [[suevos]].
 
== Orixes ==
A diocese de Bretoña,Britonia debeu ser fundada por bretóns insulares, os primitivos [[bretóns]] ou britanos, como habitantes da illa de Bretaña, a actual [[Gran Bretaña]]<ref name=Britonia>[http://www.pangalaica.com/britonia/inicio.htm Bretoña, sede do bispado de Britonia].</ref>. Compelidos polas invasións [[anglosaxóns|anglosaxoas]], grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretaña, comunidades bretoas abandonan a illa entre o [[século IV]] e [[século VII|VII]], dirixíndose basicamente ás costas galas, onde se asentan na península de [[Armórica]], que acabará por tomar o nome actual de [[Bretaña]], a consecuencia deste poboamento.
 
É indubidábel que se dirixiran tamén para outras partes<ref name=Britonia/>. Certos grupos deberon chegar até as costas setentrionais galegas, onde se organizaron en comunidades, e onde introduciron a a súa peculiar organización relixioso-cristiá algo diferente. Os toponimistas non dubidan en identificar os seus asentamentos cos varios lugares denominados Bretoña na Galiza, á parte do da [[A Pastoriza|Pastoriza]]: [[Bretoña, Curro, Barro|Bretoña]] ([[Barro]]), [[Bertonía, San Martiño de Anllo, Sober|Bertonía]], [[Bertoña, A Capela, A Capela|Bertoña]] etc.