Abkhazia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (2)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 137:
Co pretexto de que os zviadistas secuestraran ao Ministro do Interior de Xeorxia e mantíñano cativo en Abkhazia, o goberno de Tiflis enviou a máis de 3.000 militares cara á provincia rebelde para restaurar a orde, dando inicio á guerra o 14 de agosto. Fortes combates estalaron entre o exército xeorxiano e as milicias Abkhazias nas proximidades de Sukhumi, os que non evitaron que o día 18, o Exército de Xeorxia lograse entrar na capital, controlando gran parte do territorio e provocando a fuxida do goberno de Abkhazia.
 
A derrota dos rebeldes provocou, nunha primeira instancia, a formación dunha Confederación de Pobos Montañeses do Cáucaso: unha agrupación paramilitar de diferentes pobos prol-rusos ([[osetiospobo ossetio|ossetios]], [[cosacos]], [[pobo checheno|chechenos]] etc.) da zona. Centos de voluntarios provenientes de Rusia, como Shamil Basayev, sumáronse á causa separatista abkhaza. A pesar de que o 3 de setembro negociouse en [[Moscova]] un plan de cesamento de hostilidades, Gagra foi atacada o 2 de agosto polas tropas da CPMC, sendo executada a maior parte da poboación xeorxiana da cidade. Gudraga e Tkvarcheli caeron posteriormente, sumándoselles membros do exército ruso acantonados nestas cidades.
 
Aínda que Rusia declarábase neutral no conflito, existen moitos testemuños de bombardeos de tropas xeorxianas por parte de avións rusos. Shevardnadze acusou a Rusia de realizar unha guerra non declarada contra Xeorxia, teoría que se viu reforzada cando foron capturados militares rusos entre os separatistas, motivando que o [[11 de marzo]] de 1993, as tropas xeorxianas derrubasen un avión militar ruso que sobrevoaba o territorio abkhazo.
Liña 171:
Existen polo menos dous plans de paz propostos. Un dividiría a Xeorxia en sete entidades autónomas con poder sobre políticas económicas e de seguridade interior, mentres o goberno nacional administraría a defensa e as relacións exteriores. A segunda proposta establecería unha república federal semellante á formada por [[Serbia]] e [[Montenegro]] ata 2006.
 
Doutra banda, xurdiron propostas de someter Abkhazia por métodos militares, especialmente tras a caída de Aslan Abashidze, líder da tamén rebelde [[Adxaria]], en 2004. Mikhail Saakashvili, Presidente de Xeorxia tras a Revolución rosa, propuxo reintegrar tanto Abkhazia como [[OsetiaOssetia do Sur]] de igual xeito, pero logo el mesmo rexeitou a idea. Saakashvili tratou de manter o problema sobre Abkhazia como un conflito entre Xeorxia e Rusia, suxerindo que o actual goberno autónomo sería un goberno monicreque da Federación Rusa. Tras fortes presións, o goberno de Rusia aceptou o retiro das súas bases militares en Abkhazia durante o ano 2003 deixando só os seus corpos de paz.
 
En xullo de 2006, o xefe paramilitar do val de Kodori, situado no noroeste do país e a única parte do país non sometida a dominio abkhazio, anunciou o rearmamento dos seus grupos de guerrilleiros, o que provocou o rexeitamento do goberno xeorxiano. O día 25 dese mes, o exército de Xeorxia entrou a Abkhazia e en menos de dous días, controlou a zona de Kodori. O 27 de setembro dese ano, coa presenza de Saakashvili e do patriarca da Igrexa ortodoxa grega, a zona controlada polo exército foi renomeada "Alta Abkhazia" e constituír oficialmente como sede da administración xeorxiana no territorio.