Moncho Gil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 7:
Comezou a xogar no [[Real Vigo Sporting Club]] pero comezou a despuntar facendo o servizo militar, cando se organizou o primeiro campionato militar de fútbol de España. Para ese torneo o "Regimiento de Infantería Murcia" destacado en Vigo fixo moi bo plantel ao contar con varios xogadores do [[Vigo Sporting Club]] e do [[Real Club Fortuna de Vigo]]. Tan ben o fixeron que chegaron á final, onde gañaron cun gran papel de Ramón, que marcou os dous goles da vitoria.
 
Segundo os datos da [[Real Federación Española de Fútbol]], a vinculación de Ramón Gil co fútbol en activo seguiu ata [[1927]], chegando a militar no [[Celta de Vigo]] catro tempadas dende a súa fundación en [[1923]]. Foi internacional cacoa [[Selección de fútbol de Galicia]] e varias ocasións, entre elas o primeiro encontro do combinado galego, disputado o [[19 de novembro]] de [[1922]] ante a Selección de Castela.
 
Tamén disputou ca [[Selección de fútbol de España]] os [[Xogos Olímpicos de 1920]] realizados en [[Antuerpen]] ([[Bélxica]]), onde o combinado español obtivo a medalla de prata, disputou dous encontros, ante [[Selección de fútbol de Holanda|Holanda]] e [[Selección de fútbol de Italia|Italia]]. El e [[Luis Otero Sánchez]] son os primeiros galegos en ser medallistas olímpicos.