George Berkeley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía}}
'''George Berkeley''' é un [[filósofo]] e clérigo [[Irlanda|irlandés]], considerado o fundador da moderna escola do [[idealismo]], teoría que afirma que a existencia de todos os obxectos físicos depende da mente. De acordo cos seus escritos de principios do século XVIII, unha mesa 'é' real só se unha mente a percibe. Polo tanto, os obxectos son ideas. Berkeley mantiña que non se pode concibir que a materia exista con independencia da mente; os fenómenos dos sentidos só poden explicarse supoñendo que hai un deus que provoca de forma continua a percepción na mente humana.
[[Ficheiro:George_Berkeley_by_John_Smibert.jpg|miniatura|250px|George Berkeley]]
 
== Biografía ==
Liña 7:
A súa primeira publicación foi de carácter matemático, pero a primeira que gañou notoriedade foi o seu Ensaio ''An Essay Towards a New Theory of Vision'' (Cara unha nova teoría da visión), publicado en [[1709]]. Aínda que levantou moita polémica no seu momento, as súas conclusións forman parte na actualidade da óptica. A esta obra seguiraa o ''Treatise on the Principles of Human Knowledge'' (Tratado sobre os principios do coñecemento humano), en [[1710]]. Con ambas concluirá a primeira etapa da súa produción filosófica, caracterizada polo interese en loitar contra os [[librepensador]]es, contra os escépticos que negaban a [[existencia de Deus]] ou a puñan en dúbida. As obras que seguiron, dentro da mesma liña, adoptan o esquema teórico do neoplatonismo. Trasládase a [[Londres]] en [[1713]] onde se relaciona con varios intelectuais moi coñecidos na súa época. Entre eles estaba o seu compatriota [[Jonathan Swift]]. Ese mesmo ano aparecería ''Three Dialogues Belween Hylas and Philonous'' (Os tres diálogos entre Hylas e Philonus, nos que desenvolveu o seu sistema filosófico, cuxo principio fundamental é que o mundo que se representa nos nosos sentidos só existe se é percibido). Os principios é unha exposición, mentres que os diálogos constitúen a súa defensa. En forma dialogada expón a doutrina do Ensaio e do Tratado á vez que contesta a algunhas obxeccións.
 
Un dos seus obxectivos principais foi combater o [[materialismo]], teoría dominante na súa época. Aínda que as súas teorías foron ridiculizadas, algúns, como S. Clarke, considerárono un xenio. Pouco despois visitou Inglaterra onde foi recibido por [[Addison]], [[Pope]] e [[Steele]]. No período entre [[1714]] e [[1720]] alternou os seus traballos académicos con viaxes por Europa. En [[1721]] recibiu un doutoradodoutoramento en [[teoloxía]], e decidiu permanecer no Trinity College de Dublín dando clases de [[Teoloxía]] e [[Hebreo]]. En [[1724]] fixérono [[deán]] de [[Derry]].
 
Durante este período concibiu o proxecto de fundar nas [[illas Bermudas]] un colexio para evanxelizar os [[nativo]]s de [[América]]. Estaba convencido de que Europa se atopaba condenada a unha inevitábel decadencia moral. Debido a iso a civilización e a relixión só podían sobrevivir se se levaban a pobos mozos. En [[1728]] partiu dende Inglaterra con dirección a América. Pasou tres anos en [[Rhode Island]], esperando as axudas que lle prometeran. Porén estas non chegaron, e en 1731 volveu a Inglaterra. Durante os tres anos que residiu en Rhode Island -onde comprou unha fábrica e construíu unha casa- Berkeley escribiu o ''Alcifrón'' ou o filósofo insignificante contra [[Shaftesbury]], e en 1734-1737 ''The Querist''.