Marlon Brando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Nebrasca
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 43:
A súa primeira aparición no cine tívoa en [[1950]] na película ''The Men'', unha historia sobre veteranos de guerra convertidos en minusválidos. Fiel ao seu método de analizar as personaxes que interpretaba para actuar en consonancia con eles, Brando pasou un mes nun hospital militar para preparar o seu papel. Nos primeiros anos no cine, Brando manifestou unha falta de interese total polas convencións da industria cinematográfica, actuando segundo o seu propio criterio. Con iso influíu a outros actores como [[James Dean]], [[Paul Newman]], e máis tarde tamén [[Robert De Niro]].
 
Brando tivo un éxito moito maior cando actuou na película de [[1951]] ''Un tranvía chamado desexo'', baseada na obra teatral que xa interpretara. Foi nomeado ao [[Premios Oscar|Oscar]] como mellor actor principal por esta película, e os tres anos seguintes recibiu outras tantos nomeamentos pola súa actuación en ''Viva Zapata'', ''Xulio César'' e ''[[On the Waterfront]]''. Por esta última película Brando gañou o Oscar.
 
En base a estes éxitos, a carreira de Brando seguiu en ascenso. Nos anos seguintes interveu en varias películas de xéneros diversos, incluída a comedia, como en ''A casa de té da lúa de agosto'', na que dá vida a un xaponés que fai de intérprete para as forzas de ocupación americanas. Con todo, ao final dos [[Anos 1950|anos cincuenta]] as súas interpretacións comezaron a decaer. Brando parecía perder a súa forza expresiva e as pautas que el mesmo establecera para o seu traballo e que lle deron tan bo resultado.