Xoán I de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m Arranxos varios
Liña 32:
}}
 
'''Xoán I de Aragón''', chamado o '''Cazador''' e o '''Amador de toda xentileza''', nado en [[Perpiñán]] o [[27 de decembro]] de [[1350]] e finado en [[Torroella de Montgrí]], [[Provincia de Xirona|Xirona]], o [[19 de maio]] de [[1396]], foi rei de [[Coroa de Aragón|Aragón, Valencia, Mallorca, Sardeña e Córsega]], e [[Condado de Barcelona|conde de Barcelona, Rosellón e Cerdaña]] desde [[1387]] a [[1396]].
 
Foi o fillo e sucesor de [[Pedro IV de Aragón]] e da súa esposa [[Leonor de Sicilia]].
Liña 43:
 
=== Aspecto e actitudes ===
Fisicamente Xoán I era un home de mala saúde, delicado, que caeu enfermo varias veces ao longo da súa vida e sufriu dous graves ataques debido a algunhas enfermidades, o primeiro produciuse no inicio do seu reinado, en [[1387]]; o segundo, que puxo fin á sús vida, en [[1396]].{{Sfn|Ferrer i Mallol|1978|p = 142}}
 
Foi unha persoa moi culta. Cando había bos ingresos, a súa Corte sempre estaba chea de luxo e refinamento. Tiña unha grande afección polas [[belas artes]], a [[música]], a [[literatura]] e a [[astroloxía]]. Por esta razón, os historiadores chamárnoo "o Amador da xentileza". Tamén mostrou un grande interese pola actividade da caza, polo cal tamén foi chamado "o Cazador". Porén, desatendeu case totalmente o goberno dos seus reinos, feito que lle valeu o alcume de "o Descoidado" polos seus contemporáneos, porque antepoñía o goce e o divertimento ás tarefas de goberno. Tampouco foi un rei particularmente belicoso, senón que era pacífico e repousado, moi diferente ao erarácter do seu pai. De feito, foi un monarca débil e moi influenciábel nas mans das camarillas cortesás e, despois, principalmente pola súa segunda esposa, [[Violante de Bar]]. {{Sfn | Ferrer i Mallol | 1978 | p = 142}}
Liña 54:
=== Reinado ===
==== Política interior ====
En [[1387]] encarcerou á raíña Sibila, viúva nese ano, pero polas presións do [[cardeal]] [[Bieito XIII, antipapa|Pedro de Luna]] liberouna. Ese mesmo ano devolveu o [[Condado de Empúries]] ao seu cuñado Xoán I de Empúries, condado que lle sustraera o rei Cerimonioso.
 
[[Ficheiro:Chuan I d'Aragón.jpg|miniatura|esquerda|200px|Retrato imaxinario de Xoán I de Aragón, por [[Manuel Aguirre y Monsalbe]] (1885). Deputación de [[Zaragoza]].]]
Liña 60:
Xoán I tivo tamén certas diferenzas co seu sogro, [[Xoán III de Armañac]], conde de Armañac. As tropas do conde, baixo as ordes do seu irmán Bernardo, invadiron o [[Empordán]] e a [[Costa Brava]], e chegaron até [[Xirona]] ([[1389]]-[[1390]]).
 
As tropas de Armañac foron desaloxadas polo exército que dirixía o [[infante]] [[Martiño I de Aragón|Martiño]], irmán e futuro sucesor do rei, que aínda era un neno.
 
Xoán tamén tivo que sufocar unha rebelión do [[Xulgado de Arborea]], un dos catro en que se dividía a illa de [[Sardeña]] naquela época.
 
O seu reinado estivo marcado pola desorde administrativa e financeira; aínda que o rei mesmo tiña unha importante formación intelectual e foi un decidido promotor das artes e as letras, cedeu a responsabilidade das tarefas de goberno a súa primeira esposa, Iolanda ou [[Violante de Bar]], mentres que el se dedicaba ás súas afeizóns favoritas, especialmente á caza.<ref name=genealogia/> <ref name="Apodos245">Leralta, Javier (2008): [http://books.google.com/books?id=rLz_R0ALwdsC&lpg=PP1&hl=es&pg=PA245#v=onepage&q&f=false ''Apodos reales: historia y leyenda de los motes regios''] Madrid: Sílex (Serie Historia). ISBN 978-84-7737-211-0, páx. 245.</ref> Promoveu, coa axuda da súa favorita Carroza de Vilaragut, a música e a literatura; neste ámbito instituíu os [[Xogos florais]] de [[Barcelona]], a imitación dos de [[Toulouse]], en [[1393]], nos que participaban poetas de toda a [[Coroa de Aragón]].<ref name=Apodos245/>
 
As revoltas en [[Sardeña]] exixían continuos gastos, que Xoán de Aragón non satisfacía como debera, ao dedicar cuantiosos recursos ao mecenado nunha refinada Corte. A corrupción dos conselleiros e cortesáns, que desviaban partidas que estaban destinadas a sufocar os disturbios sardos, e incluso os que debían sufragar a preceptiva coroación do rei na [[Zaragoza|Catedral de Zaragoza]] que, por ese motivo non chegou a celebrarse, dilapidaron a facenda rexia. O rei Cazador chegou ao extremo de ter que vender os castelos de renguengo situados no [[Rosellón]] como medio de mitigar a penuria administrativa. As [[Cortes de Aragón]], ás que o rei tiña que solicitar financiamento, acabaron rexeitando pagar os emolumentos destinados a espectáculos e festas cortesás, alegando a inmoralidade que supoñía desbaldir nestes fastos cando a realidade social do pobo sufría escaseza e a economía atravesaba unha crise. Xoán I, ante a negativa das Cortes a sufragar a monarquía, comezou a pedir préstamos aos banqueiros de [[Florencia]], o cal orixinou a decadencia da economía de [[Cataluña]] e o auxe económico e comercial de [[Aragón]] e [[Valencia]].<ref>Leralta, ''op. cit.'', páxs. 245-246.</ref>
Liña 71:
 
==== Política exterior ====
Dominado pola súa esposa Violante, Xoán fixo un cambio radical na política exterior con respecto á do seu pai, que sempre tivera unha mala opinión da súa nora, e wue producira unha mala relación co seu fillo, outra vez, á final da súa vida; de feito, o enfrontamento dentro da familia real tivo repercusións á morte de Pedro IV de Aragón, momento no que se decide perseguir á súa cuarta esposa, Sibila de Fortià, eexecutar a dous dos seus conselleiros.{{sfn | Vilar | Batlle | 1988 | p = 188}} En primeiro lugar, rómepse a posición de indiferencia que o Cerimonioso mantera respecto ao conflito do [[Cisma de Occidente]], tomando partido polo [[Aviñón|papa de Aviñón]] [[Clemente VII]]. {{sfn | Cornudella | 2012 | p = 25}}
 
Ademais deste movemento, o resto da política, en termos xerais, foi de carácter francófilo por influencia da súa esposa. El [[1387]] Xoán I fraguou unha alianza co [[Reino de Castela]] e o de [[Reino de Francia|Francia]] e, en [[1388]] asinou un tratado co [[Reino de Navarra]]. Así mesmo reconciliouse cos [[Casa de Anjou|Anjou]], comprometiendo o matrimonio da súa filla Violante con [[Luís II de Nápoles]]. E en [[1390]] asinou a paz coa [[República de Xénova]].
Liña 98:
 
== Morte ==
Xoán I, segundo moitas fontes, morreu o [[19 de maio]] de [[1396]], en [[Torroella de Montgrí]], [[Provincia de Xirona|Xirona]], a consecuencia dunha caída do cabalo mentres se encontraba nuna cacería.<ref name=genealogia/> <ref name=Apodos245/> ([[1396]]). Outras fontes din que, segundo unha lenda, o accidente foi nun bosque próximo a [[Foixà]], no [[Baix Empordà]], coñecido como ''bosque de Orriols'' porque pertencía daquela a un tal Bernat Alemany d'Orriols; e no camiño que vai do castelo á igrexa hai un monumento en forma de cruceiro que recorda o feito.
 
O cadáver do rei Xoán foi depositado na [[Catedral de Barcelona]], e despois trasladado a [[Mosteiro de Poblet|Real Mosteiro de Santa María de Poblet]].
Liña 157:
}}
</center>
 
 
{{Sucesión
Liña 167 ⟶ 166:
* Fernando de Aragón, como Duque de Xirona (1389)
* Pedro de Aragón, como Duque de Xirona (1394)}}
 
 
{{Sucesión
Liña 197 ⟶ 195:
{{commonscat|John I of Aragon}}
* [http://www.enciclopedia-aragonesa.com/voz.asp?voz_id=7422 Juan I «el Cazador»] en ''Gran Enciclopedia Aragonesa {{es}}.
 
{{ORDENAR:Xoán I de Aragón}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Xoán I de Aragón}}
[[Categoría:Casa de Aragón]]
[[Categoría:Reis de Aragón]]