Xosé Manoel Núñez Seixas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m + refs.
Liña 20:
|web =
}}
'''Xosé Manoel Núñez Seixas''', nado en [[Ourense]] en [[1966]], é un historiador galego<ref>[http://escolaeuropeadhumanitats.com/es/ponent/xose-manuel-nunez-seixas/ Ficha do persoeiro] en Escola Europea d'Humanitats {{ca}}.</ref>.
 
== Traxectoria ==
Estudou Historia, especialidade Historia Contemporánea, nas [[Universidade de Santiago de Compostela]] e na de [[Dijon]]. Foi investigador no Instituto Universitario Europeo (IUE) de [[Florencia]] (1989-1992), onde se doutorou en Historia Contemporánea baixo a dirección dos profesores Heinz-Gerhard Haupt e Stuart J. Woolf.<ref>[http://hispona.org/gl_ES/membros/xose-manoel-nunez-seixas/ Ficha de Núñez Seixas en Hispona.org.</ref>
 
O seu labor investigador céntrase na análise comparada dos nacionalismos —subestatais e estatais— ibéricos e europeos no século XX, así como nos estudos migratorios (especialmente da emigración galega á [[Arxentina]]) e na historia cultural da guerra, sobre todo da [[II Guerra Mundial]] e da [[Guerra Civil Española]], temas todos sobre os que ten máis dunha ducia de monografías en galego, inglés, alemán, francés, portugués, castelán e catalán, amais de abondosos artigos en revistas españolas e internacionais, e capítulos en libros colectivos de ámbito europeo e internacional. Fai parte de varios consellos asesores de revistas galegas, españolas e internacionais, así como do consello de redacción da revista ''Historia Social''.
Liña 31:
Dende o [[1 de outubro]] do [[2012]] até o 30 de setembro de 2017 ocupa a cátedra de Historia Contemporánea de Europa (séculos XIX e XX) na Universidade Ludwig-Maximilian de [[Múnic]], [[Alemaña]], onde desenvolve o seu labor docente e investigador na actualidade.
 
Casado coa historiadora alemá [[Henrike Fesefeldt]], é pai de dúas fillas<ref>[http://prabook.com/web/person-view.html?profileId=149813 Ficha de Núñez Seixas] en prabook.com {{en}}.</ref>.
 
== Obra ==