María do Cebreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
Filla dos escritores [[Helena Villar Janeiro]] e [[Xesús Rábade Paredes]] e irmá do pianista [[Abe Rábade]]. En [[1998]] licenciouse en [[Filoloxía Hispánica]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]. É doutora en Teoría da Litertura, investigadora e profesora Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.
 
En [[1998]] viu a luz o seu primeiro libro de poemas ''O estadio do espello''. Seguírono ''(nós, as inadaptadas)'' ([[2002]], accésit do XXI [[Premio Esquío]] de Poesía en Lingua Galega), ''Non queres que o poema te coñeza'' ([[2004]], galardoado co II [[Premio de poesía Caixanova]] [[2003]]), ''O barrio das chinesas'' ([[2005]]), ''Os hemisferios'' ([[2006]]), ''Cuarto de outono'' (2008), ''Non son de aquí'' (2008), ''Os inocentes'' (2014) e ''O deserto'' (2015).
 
En [[2004]] acadou o [[Premio de Investigación Dámaso Alonso]] coa obra ''As antoloxías de poesía en [[Galicia]] e [[Cataluña]]'', extraída da súa tese de doutoramento ''Aproximación teórica ó fenómeno antolóxico desde a perspectiva do espacio'' ([[2004]]), na que ensaia unha teoría das antoloxías poéticas no contexto literario peninsular, e máis especificamente nas sociedades galega e catalá contemporáneas. No ano [[2005]] publica ''As terceiras mulleres'', [[ensaio (literatura)|ensaio]] trazado ao redor da nova maneira de entender a representación da subxectividade feminina e a creación artística feita por mulleres. Xa en 2011 ve a luz ''Fogar impronunciable. Poesía e pantasma'' onde reflexiona sobre a desaparicion e a literatura como un dos medios de representación histórica.