Sacramento Kings: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
Moedagalega (conversa | contribucións)
*triple > triplo/a.
Liña 62:
En [[1960]], o equipo puido fichar á estrela local [[Oscar Robertson]]. Robertson liderou a un equipo no que tamén estaban Twyman, [[Wayne Embry]], [[Bob Boozer]], [[Bucky Bockhorn]], [[Tom Hawkins]] e [[Adrian Smith]] nas tres seguintes tempadas. Os Royals cambiaron a súa sorte con Robertson e ascenderon a ser candidatos ao título. Unha disputa entre propietarios botou por terra as posibilidades de playoff cando o novo propietario Louis Jacobs contratou un circo para o Cincinnati Gardens na semana das series de playoffs contra os campións [[Boston Celtics]]. Os Royals tiveron que usar a casa do equipo da Universidade de Xavier, Schmidt Field House.
 
A finais de 1963, outra estrela local, Jerry Lucas, chegou ao equipo. Os Royals conseguiron a segunda mellor marca da NBA. De 1963 a 1966, os Royals loitaron contra Boston e os [[Philadelphia 76ers]], pero caeron das súas esperanzas polo título. As estrelas do equipo durante os anos 60 foron [[Oscar Robertson]] e [[Jerry Lucas]]. Robertson conseguiu éxito individual, promediando un tripletriplo-dobre na [[Tempada 1961-62 da NBA|tempada 1961-62]] e gañando o [[MVP da Tempada da NBA|MVP]] na [[Tempada 1963-64 da NBA|1963-64]]. Robertson liderou a liga en anotación e en asistencias cada tempada. Lucas foi [[Rookie do Ano da NBA|Rookie do Ano]] en 1964, liderou a liga en lanzamento, e conseguiu 20 rebotes por partido durante tres tempadas. Os dous foron elixidos no [[Equipo All-NBA|primeiro equipo All-NBA]] en varias ocasións.
 
En [[1966]], o equipo foi vendido aos irmáns Jacobs, Max e Jeremy. Nesa mesma tempada, os Royals comezaron a xogar algúns dos seus partidos coma locais en sitios neutrais coma Cleveland (ata que os [[Cleveland Cavaliers]] comezaron a xogar en 1970), Dayton ou Columbus, feito que se produciu no resto da estancia dos Royals en Cincinnati.