Río Támega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 19:
O Támega nace na [[serra de San Mamede]], no Alto de Talariño a 960 m de altura, preto da freguesía da [[A Alberguería, Laza|Alberguería]], no concello de [[Laza]], na [[provincia de Ourense]]. Atravesa logo o [[val de Monterrei]], para entrar en Portugal e cruzar o distrito de [[distrito de Vila Real|Vila Real]], formando linde entre este e o de [[distrito de Braga|Braga]], para finalmente entrar no de [[distrito do Porto|Porto]], onde rende as súas augas ao [[río Douro|Douro]] na localidade de [[Eja, Penafiel|Entre-os-Rios]].
 
Entre as localidades máis importantes que atravesa están [[Verín]], [[Laza]], [[Castrelo do Val]] e [[Oímbra]] en Galiza, e mais [[Chaves, Portugal|Chaves]] e [[Amarante, Portugal|Amarante]] no norte portugués. O seu afluente máis salientábel en terras galegas é o [[Río Búbal, río Támega|río Búbal]], que o é pola dereita.
 
==Protección==