Josep Puig i Cadafalch: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: corrixo ligazón
m Arranxos varios
Liña 8:
Naceu en [[Mataró]] o ano [[1867]]. Sendo un estudante entrou no Centre Escolar Catalanista (1887). Alí comezou a formar parte do grupo [[Renaixença]]. Traballou logo na súa cidade natal, chegando a ser arquitecto municipal. En [[1891]] acabou os seus estudos de [[arquitectura]] en [[Barcelona]]. Foi nomeado profesor da Escola de Arquitectura de [[Barcelona]], onde desenvolvería as súas cualidades como arquitecto. Simultaneamente interesouse pola política, implicándose en actividades [[Catalanismo|catalanistas]].
 
Discípulo de [[Lluís Domènech i Montaner|Domènech i Montaner]] foi o último representante do [[modernismo]] e o primeiro do [[Noucentisme]] (Novecentismo).
 
Na súa evolución poden distinguirse tres etapas diferenciadas:
Liña 14:
* A primeira, ou época rosa ([[Modernismo]]), recolle como símbolo a casa "patrucial" aristocrática catalana e busca a súa inspiración en modelos nórdicos. A esta etapa pertence a [[Casa de les Punxes]] ([[1905]]), a [[casa Amatller]] e a [[Casa Martí]] ([[1896]]).
* A segunda etapa é a época branca ([[Racionalismo arquitectónico|Racionalismo]]), que corresponde aos gustos da nova elite burguesa, práctica e ordenada. Aquí pertencen a [[Casa Trinxet]], a [[Casa Muntades]] e a [[Casa Company]].
* A terceira é a época amarela ([[Monumentalismo]]). Desenvóvese durante o período da [[Exposición Universal de 1929|Exposición Universal]] de 1929 en [[Barcelona]], da que vai ser o primeiro arquitecto. Esta é caracterízase polo monumentalism, a cor amarela nas fachadas e máis pola imitación da arquitectura romana que se mestura con o tipismo valenciano e andaluz. Tamén proxectará a [[Casa Pich]] inspirándose no arquitecto americano [[Louis Sullivan]].
 
En [[1917]] foi nomeado presidente da [[Mancomunidade de Cataluña]] (Mancomunitat de Catalunya) en substitución do finado [[Enric Prat de la Riba]], creando durante o seu mandato escolas e institucións culturaiss, favorecendo a mellora das infraestruturas e a explotación agraria de Cataluña. Ocupou o cargo até que o xeneral [[Miguel Primo de Rivera|Primo de Rivera]], durante a ditadura militar, disolveu a Mancomunitat ([[20 de marzo]] de [[1925]]) e temtou desfacer a obra realizada.
Liña 59:
{{Commons|Josep Puig i Cadafalch|Josep Puig i Cadafalch}}
 
{{ORDENAR:Puig i Cadafalch, Josep}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Puig i Cadafalch, Josep}}
[[Categoría:Arquitectos de Cataluña]]
[[Categoría:Políticos da Lliga]]