Agustín Sixto Seco: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Estilo máis xenérico. Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil |
→Traxectoria: Cursiva |
||
Liña 6:
Era fillo dun traballador da [[Bazán]] con afeccións mariñeiras, espírito aberto e aventureiro que o fillo herdou. Elevou a [[traumatoloxía]] galega ó primeiro plano do [[España|estado]] e chegou a ser presidente da Sociedade Española de Traumatoloxía, mantendo moi boas relacións con [[Portugal]], co International College of Surgeons e coa Sociedad Latinoamericana de [[Ortopedia]].
O seu labor amosaba a dedicación á curación da humanidade, pero tamén un fondo traballado por Galicia: máis ca home de cultura (que o era) foi promotor cultural de primeira orde. Alí onde nacía unha institución clave para entender a Galicia do terceiro milenio, alí estaba el: a [[editorial Galaxia]], a [[fundación Penzol]], o [[Museo do Pobo Galego]], o [[Centro Ramón Piñeiro]] ou a fundación [[Camilo José Cela]]. O seu primeiro traballo foi o máis querido por el: a [[Casa Museo Rosalía de Castro]] en [[Padrón]]. Pero a recuperación da historiografía non quedou na autora de [[Iria Flavia]]: dun pazo algo deteriorado, símbolo do decaemento [[petrucio|petrucial]] do [[século XX]], sacouse a [[Casa Museo Otero Pedrayo]] en [[Trasalba, Trasalba, Amoeiro|Trasalba]], onde o soto converteuse nun auditorio e as cortes nunha biblioteca. Crente católico coma [[Alexandre Bóveda]], [[Florentino López Cuevillas]], [[Vicente Risco]] ou don [[Ramón Otero Pedrayo]], colaborou na revista galega de pensamento cristián ''[[Encrucillada]]'' ata a súa morte.
[[Premio Trasalba]] en [[2005]].
|