Eduardo Blanco Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 54:
En [[1928]] retornou durante un ano a [[Galiza]] como correspondente do diario ''La Nación''. Durante este primeiro regreso coñeceu a [[Castelao]] e a varios intelectuais do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] e do [[grupo Nós]], e escribiu ''Poema en catro tempos'', que publicaría posteriormente na [[Arxentina]] en [[1931]]. Dende [[Buenos Aires]] colaborou máis tarde coa [[revista Nós]] con varios poemas e tres capítulos da súa novela inconclusa ''A escaleira de Jacob''.
 
Volveu a instalarse en [[España]] como correspondente de ''[[La Nación]]'' entre [[1933]] e [[1935]], e coñeceu en [[Madrid]] a [[Federico García Lorca]], con quen tivo unha grande amizade e a quen acompañou á casa familiar de [[Fuente Vaqueros]] en varias ocasións. É salientable o feito de que Blanco Amor foi o responsable de convencer a [[García Lorca]] para que publicase os ''Seis poemas galegos'' (1935).
 
Defendeu denda [[Arxentina]] a legalidade republicana cando se produciu o estalido da guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes utilizou unicamente o castelán na súa obra literaria, con obras como ''Los miedos'' (1936) ou ''La catedral y el niño'' (1948). En [[1956]] volveu ao galego con ''Cancioneiro'', e en [[1959]] publicou unha novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega: ''[[A esmorga]]''. Esta obra desenvólvese en Auria e marca un fito na ruptura das tendencias costumistas e populares da literatura galega, debido á súa técnica innovadora: o único que se pode ler son as contestacións dun reo nun xuízo, que conta as aventuras que o levaron á condena. É o modo de, sen facer un texto bilingüe, darlle verosimilitude a un diálogo entre un xuíz, que fala castelán, e un reo que fala galego. Amais de deberse ao afán de verosimilitude , o silencio do xuíz representa a xordeira da xustiza , o seu papel represor e castigador. A novela, ambientada nos baixos fondos ourensáns, céntrase en tres personaxes transgresores e marxinais que van sendo levados a un final tráxico.