Gran Lago do Escravo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
O '''Gran''' ou '''Grande Lago do Escravo''' ou '''dos Escravos''' ({{lang-en|''Great Slave Lake''}}; {{lang-fr|''Grand Lac des Esclaves''}}) é un dos grandes lagos do [[Canadá]], o segundo maior nos [[Territorios do Noroeste]] (despois do [[Gran Lago do Oso]]), e forma parte da [[Cunca hidrográfica|cunca]] do [[río Mackenzie]]. A súa profundidade máxima é de 614 m,<ref name=EoEarth/> o que o converte no lago máis profundo de Norteamérica. Atópase na desemboca do [[río do Escravo]]. Ten 480 &nbsp;km de longo e de 19 a 109 &nbsp;km de largo e unha superficie de 28.930 &nbsp;km²,<ref name=EoEarth>{{cita web|last=Hebert|first=Paul| date=2007| título=Great Slave Lake, Northwest Territories| páxina-web=Encyclopedia of Earth |accessdate=2007-12-07| url=http://www.eoearth.org/article/Great_Slave_Lake,_Northwest_Territories}}</ref> similar á de [[Albania]], que o converten por superficie no [[lago|décimo maior lago no mundo]]. O seu volume é 2.090 &nbsp;km³.
 
O seu nome deriva de ser a rexión dos «[[Pobo slave|Slavey]]», un grupo [[dene]] das [[First Nations]], que significa «escravo» ou «estranxeiro».
 
As principais localidades na redonda do lago son: [[Yellowknife, Territorios do Noroeste|Yellowknife]], [[Fort Providence|Fort Providence]], [[Hay River|Hay River]] e [[Fort Resolution|Fort Resolution]]. A única comunidade no Brazo do Leste é [[Lutselk'e|Lutselk'e]], unha aldea dunhas 350 persoas, en gran parte [[Pobo chipewyan|chipewyan]], aborixes da nación dene.
 
== Notas ==