Centro Internacional da Estampa Contemporánea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Imaxe
m →‎Orixe: Arranxos varios
Liña 8:
 
* '''Obradoiros''': albergan o material necesario para o desenvolvemento das técnicas gráficas máis comúns: [[litografía]], [[serigrafía]], [[xilografía]], [[fotografía]], [[dixitalización|técnicas dixitais]]... Contan con [[prensa mecánica|prensas]], laboratorios fotográficos, equipos informáticos e [[reprografía|reprográficos]], almacéns de secado de soportes, e todo tipo de instrumentos para a elaboración e ensino do gravado, e serven de aulas para a realización tanto de cursos monográficos como dun Máster en Obra Gráfica, dirixido a licenciados en Belas Artes.
 
* '''Biblioteca''': nutrida a base de doazóns e de edicións propias do centro, conta cunha base de datos de documentación e eventos relativos á arte gráfica: bienais, exposicións, convocatorias de premios e concursos...
 
* '''Museo da Estampa Contemporánea''': nacido a partir das obras producidas por profesorado e alumnado no marco dos cursos Gráfica, na actualidade, e grazas a doazóns e depósitos realizados tanto por particulares como por institucións, alberga obras de artistas coma [[Pablo Picasso]], [[Salvador Dalí]] ou [[Joan Miró]], ademais de tres salas monográficas dedicadas a Jesús Núñez, [[Luís Seoane]] e [[Amadeo Gabino]].
 
* '''Sala de exposicións''': albergan mostras de carácter mensual de artistas consagrados e de novos valores. Exhibíronse coleccións de autores coma [[Le Corbusier]], [[Antoni Clavé]], [[Rafael Canogar]], [[Antonio Saura]] o [[Luis Feito]].