Bandeira de Åland: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 14:
}}
[[Ficheiro:Flags of Åland and Finland.png|200px|dereita|miniatura|Bandeira das [[Illas Åland]] xunto a bandeira de Finlandia]]
A '''bandeira das [[Illas Åland]]''' componse dun fondo azul sobre o cal se superpón unha dobre [[cruz]] [[Escandinavia|escandinava]] en amarelo ouro e vermello. Esta bandeira xorde dunha fusión entre as bandeiras de [[bandeira de Suecia|Suecia]] e a primitiva [[bandeira de Finlandia]]. A bandeira está deseñada por franxas horizontais en razón 16:3:4:3:26 e verticais en 12:3:4:3:12.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Åland flag 1922.svg|miniatura|esquerda|200px|[[Ficheiro:FIAV historical.svg|23px|]]Bandeira non-oficial das Illas Åland (1921-1954)]]
[[Ficheiro:Åland flag (proposal 2).svg|miniatura|esquerda|200px|[[Ficheiro:FIAV_proposal.png]]Proposta "finlandesa" de bandeira]]
O territorio das illas Åland foi unha antiga provincia de [[Suecia]] ata [[1809]] cando foi incorporada á [[Finlandia]] baixo dominación de [[Rusia]]. Coa independencia de [[Finlandia]] en [[1917]], os nativos aproveitaron a situación para tratar de reincoprosarse a Suecia, con todo, esta idea foi rexeitada pola [[Liga das Nacións]] que adxudicou o territorio aos fineses, pero baixo un maior grao de autonomía, en [[1921]].
 
Nesta época, xorde a primeira idea dunha bandeira que representase aos nativos das Illas Åland. En [[1922]] xorde unha bandeira bicolor non oficial con tres bandas horizontais, de cor amarela a central e as restantes en azul, baseados na bandeira de Suecia e no escudo da provincia.
 
Recentemente na [[1950|década de 1950]], propúxose a idea dunha bandeira oficial, abríndose un concurso. Os motivos favoritos eran a [[cruz Escandinava]] e as cores da insignia anterior. A primeira proposta elixida (campo azul e dobre cruz escandinava en amarelo e azul central) provocou o rexeitamento gobernamental debido á súa extrema semellanza á bandeira sueca. Outras ideas xurdidas foron a tribanda de 1921 e unha semellante á bandeira de Finlandia cunha cruz central amarela.
 
Finalmente, a elixida foi a proposta dunha cruz escandinava de cor amarela e vermello (cores do [[escudo de armas de Finlandia]]) sobre un campo azul como o pavillón de Suecia, mesturando en forma harmónica a ambos os dous países como signo de unión. Esta bandeira foi izada por primeira vez o [[3 de abril]] de [[1954]] na cidade de [[Mariehamn]].
 
== Bibliografía ==