Piarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
outros artigos
m Arranxos varios
 
Liña 1:
[[Ficheiro:Atherina presbyter.jpg|miniatura|dereita|350px|Piarda]]
A '''piarda''' ou '''pión''' (''Atherina presbyter'', Cuvier 1829) é un peixe mariño pertencente á [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[Aterínidos]] (Atherinidae), da [[orde (bioloxía)|orde]] dos [[Ateriniformes]] (Atheriniformes).
 
O nome de ''piarda'' aplícase tamén a outras especies do mesmo xénero así como ó [[pión de altura]] (''Argentina sphyraena'').
 
== Descrición ==
É un peixe pequeno, de ata 12  cm de lonxitude. Posúe dúas aletas dorsais, con 7-9 radios espiñosos e numerosos radios brandos; na anal, 1 espiña e 14-17 brandos.
 
A cor é gris prateado, cunha banda prateada, brillante, da cabeza á cola. Non posúen liña lateral.
 
É unha especie común nas costas europeas do [[Atlántico]], desde os 60º Norte ([[Dinamarca]]) ata os 14º Norte ([[Cabo Verde]] e [[Canarias]]). Penetra no [[Mediterráneo]] occidental.