Arca da Piosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 3:
[[Ficheiro:Arca da Piosa-cámara.jpg|miniatura|dereita|250px|Vista da cámara desde o noroeste.]]
 
A '''Arca da Piosa''' é un [[dolmen]] situado no límite das parroquias de [[Muíño, Zas|Muíño]], no concello de [[Zas]], e [[Baíñas, Vimianzo|Baíñas]], no concello de [[Vimianzo]]. Foi estudado en [[1933]] polo arqueólogo alemán [[Georg Leisner]] e atópase en bo estado de conservación.

Está situado preto dos dolmens de [[Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo|Pedra Moura de Monte Carneo]], [[Dolmen de Pedra da Lebre|Pedra da Lebre]] e [[Pedra Cuberta]]. Foi declarada [[Ben de Interese Cultural]] en [[2011]].<ref>{{Cita web|url=https://www.cultura.gal/sites/default/files/documents/basico/rexistro_de_bens_de_interese_cultural__0.pdf|páxina-web=Xunta de Galicia. Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria|título=Relación de Bens de Interese Cultural en Galicia|data-acceso=2016-08-23}}</ref>
 
== Descrición ==
A cámara é poligonal, con 3,20 [[metro]]s de lonxitude e consiste en catro [[piar|esteo]]s e unha tampa; o corredor está orientado cara o [[leste]], é curto (1 m) e consiste en tres esteos cubertos por unha laxe partida en tres que, á súa vez, está cuberta por outra maior; esta tampa está a menor altura que a que cobre a cámara, e pode existir decoración en forma de gravados.
 
A lonxitude total do dolmen é de 8 m, e a mámoa é moi visible. As [[lousa]]s coas que se construíu son de grandes dimensións, especialmente as tampas, e o volume total acada preto das 35 [[tonelada]]s.
 
== Notas ==