Ferrocarril: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m →‎top: Arranxos varios, replaced: custe → custo (2)
Liña 3:
 
[[Ficheiro:Tren a las nubes cruzando Viaducto la Polvorilla.jpg|miniatura|Ferrocarril na [[Arxentina]].]]
O '''ferrocarril''', '''camiño de ferro''' ou '''ferrovía''' é o modo de transporte baseado na condución de vehículos por unha vía formada por dous carrís metálicos que se manteñen paralelos grazas a unha estrutura de travesas de madeira ou formigón que os fixan á plataforma pola que discorren. Orixinariamente os carrís foron de ferro, aínda que hai antecedentes de madeira, de aí o nome de ferrocarril, que atoparemos como ferro-carril nas antigas publicacións. A partir de 1870 os carrís foron construídos de aceiro.O termo inclúe tamén os [[tren]]s e as instalacións anexas. A eficacia do ferrocarril como modo de transporte está sometido ó compromiso de equilibrar o suposto ideal en canto a seguridade e mínimo consumo enerxético –a vía perfectamente recta cun desnivel 0–, pero máximo custecusto de construción, e a capacidade de adaptar o trazado ás características orográficas e o relevo do terreo polo que tal vía discorre ó mínimo custecusto económico e ambiental posible.
 
No universo do ferrocarril hai que distinguir: a infraestrutura, a obra civil e o material rodante. A infraestrutura agrupa tódolos elementos de enxeñería precisos para o desenvolvemento do transporte: plataforma, vías, pontes, viadutos, túneles, tendido eléctrico ou catenaria, sistema de sinalización, sistemas de seguridade etcétera. A obra civil, inclúe as construcións necesarias para relacionar o ferrocarril cos seus usuarios: estacións, almacéns, plataformas... Para rematar, o material rodante é o conxunto de elementos móbiles que permiten a existencia do transporte ferroviario e que especialmente coñecemos polo nome de [[tren]]. Clasifícase, en primeira instancia, en: material motor, que agrupa os elementos de tracción (locomotoras e tractores de manobras), e material remolcado que está formado polos vehículos adicados ó transporte de mercadorías, [[vagón]]s de pasaxeiros ou coches e doutros servizos como os postais que son denominados [[furgón]]s. Hai unha terceira categoría, dentro desta clasificación, que é a formada polo material autopropulsado: son unidades nas que a motorización e a tracción está instalada ó longo da composición, como acontece nos automotores e nas unidades eléctricas chamadas tranvías, ou conta con cabezas motrices en ámbolos dous extremos da composición formando unha unidade indivisible, como sucede nas modernas unidades eléctricas e algúns trens de alta velocidade.