Friedrich Dürrenmatt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 11:
O 11 de outubro de 1946 casou coa actriz Lotti Geissler; mudáronse primeiro a [[Basilea]], e a partir de 1948 viviron en Schernelz, no lago Biel. Alí escribiu a [[novela policial]] ''Der Richter und sein Henker'' publicada en 1950 e as súas paisaxes están presentes nas súas páxinas así as localidades veciñas como Lamboing.
[[Ficheiro:Max_Frisch_und_Friedrich_Dürrenmatt_-_Com_L12-0059-8021.jpg|miniatura|[[Max Frisch]] e Friedrich Dürrenmatt no Kronenhalle de Zurich (1961)]]
[[Max Frisch]] fíxose co manuscrito da primeira peza teatral de Dürrenmatt grazas ao editor Kurt Reiss e decidiu poñela en escena, a estrea de ''Es steht geschrieben'' foi no Schauspielhaus Zürich en abril de 1947, era unha comedia grotesca sobre a rebelión de Münsterer a obra causou un escándalo, xa que o autor escribiu a obra como un remedo da actuación de Suíza na guerra, espectadora da traxedia á vez que se enriquecía oufanándose da súa actuación <ref>[https://elpais.com/diario/1990/12/15/cultura/661215601_850215.html Eduardo Haro Tecglen "Muere Dürrenmatt, escritor del pesimismo"], ''El País'', 15 de decembro de 1990</ref> O ano seguinte foi a estrea da súa segunda obra, xa en Basilea, o drama ''Der Blinde''. A terceira peza foi a comedia ''Romulus der Große''.
 
Os primeiros anos como un escritor estiveron cheos de dificultades económicas para o autor e a súa familia pero a súa situación financeira mellorou gradualmente, especialmente grazas ás súas pezas de [[Teatro radiofónico|teatro radiofónico]]. En 1950 publicou en Arche Verlag a novela policial ''Der Richter und sein Henker'' e ao ano seguinte ''Der Verdacht'', as dúas eran continuación de historias que apareceran no ''Schweizerischen Beobachter''. En 1952 estableceuse coa súa familia en Neuenburg.