Batalla de San Mamede: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios + cda
Sen resumo de edición
Liña 4:
A '''Batalla de San Mamede''' foi trabada no [[24 de xuño]] de [[1128]], entre o infante [[Afonso I de Portugal|Afonso Henriques]] e as tropas de súa nai, [[Tareixa de León|Dona Tareixa]] e do conde [[Reino da Galiza|galego]] [[Fernando Pérez de Traba]], que tentaban controlar o goberno do [[Condado de Portugal|Condado Portucalense]]. As dúas faccións confrontáranse no campo de San Mamede, máis exactamente no hoxe dito [[Campo do Torneio]], preto de [[Guimarães]]; aquel nome de Campo de Torneio parece descubrir que a batalla non foi tal, senón máis ben un torneo, que dirimiu a querela.
 
Coa derrota, Dona Tareixa e Fernando Pérez abandonaran o goberno condal, que ficaría agora nas mans do infante e os seus partidarios, desagradando ao [[bispo de Santiago de Compostela]], [[Diego Xelmírez]], que cobizaba o dominio das terras do Sur do [[Río Miño|Miño]]. D. Teresa desistía así das ambicións de ser señora de toda a Galiza, ''transminiana'' e ''cisminiana''. Existen rumores non confirmados que ela fora aprisionada no [[Castelo de Lanhoso]].{{cómpre referencia}} Hai ata quen relate as maldicións que Dona Tareixa lanzou ao seu fillo Henrique.{{quen}}
 
En [[1129]], Afonso Henriques autoplocamouse ''Príncipe de Portugal'' e en [[1139]] ''Rei de Portugal''. O rei de León e Galiza finalmente recoñeceu a independencia de Portugal en [[1143]] no [[Tratado de Zamora]]. En [[1179]], o Papa acepta a vasalaxe directa de Henriques, recoñecéndoo rei de jure a través do que pasou a ser ''Afonso I de Portugal''.