Conversa:Era cuaternaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 33:
== Nome ==
Aínda que a RAG pon era cuaternaria, período devónico, sistema pérmico... con minúscula como se fose un simple adxectivo, en realidade é o NOME da era, período ou sistema e debería escribirse en maiúscula: era Cuaternaria, período Devónico, sistema Permiano... (exactamente igual que o Cuaternario, o Devónico o Permiano... que en orixe eran adxectivos pero que están usados como nomes). Isto é o que prescriben as autoridades xeolóxicas internacionais e o usado en todos os idiomas que coñezo. Por otra parte, a incoherencia de dicir Devónico pero Permiano é evidente (é dicir, tería que ser Devoniano, Permiano ou ben Devónico, Pérmico). Estes nomes xeolóxicos foron en parte mellorados ultimamente no DRAG (antes aínda estaban peor), pero penso que aínda son incorrectos neses aspectos e non hai que tomar esta decisión do DRAG como a Biblia ou algo xa definitivo, porque seguramente terán que modificalo outra vez (a anterior versión tamén parecía "definitiva" e xa a modificaron e como digo aínda van ter que modificala máis).--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 25 de novembro de 2016 ás 22:49 (UTC)
:Boas, [[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]]. Ao parecer a RAG en canto aos nomes dos períodos xeolóxicos segue a mesma norma ortográfica que o castelán: os nomes dos períodos xeolóxicos, eóns, eras etc. escríbense con maiúscula inicial (Plistoceno, Holoceno, Cretáceo...); cando o período en cuestión vai acompañado por un adxectivo este escríbese en minúscula (Xurásico inferior, ao igual que nos períodos da historia Paleolítico superior) e cando os substantivos xenéricos (período, eón, era..) van acompañados por un adxectivo escríbese todo en minúscula (era mesozoica, eón fanerozoico, período carbonífero...). Ligazóns en castelán: ''[http://aplica.rae.es/orweb/cgi-bin/buscar.cgi Ortografía]'' e ''[http://blog.lengua-e.com/2013/mayusculas-en-periodos-geologicos/ Blog de Lengua]''. Saúdos.--[[Usuario:Isili0n|Isili0n]] ([[Conversa usuario:Isili0n|conversa]]) 22 de xullo de 2017 ás 11:55 (UTC)
Volver á páxina "Era cuaternaria".