Conversa:Era cuaternaria

Último comentário: hai 6 anos de Isili0n no tópico Nome

Redefinition and base of Quaternary and Pleistocene editar

Excuse me for writing in English. I received the following message from a colleague. I suggest (if still necessary) the relevant pages should be modified accordingly:


Dear Quaternary colleague,

The International Union of Geological Sciences (IUGS ) has recently ratified to redefine the base of the Quaternary and Pleistocene at 2.6 Ma (see below). The end of a long lasting battle?


REDEFINITION OF THE BASE OF QUATERNARY SYSTEM/PERIOD, AND OF THE BASE OF THE PLEISTOCENE SERIES/EPOCH

The IUGS Executive Committee has ratified a request from the IUGS International Commission on Stratigraphy (ICS) regarding the definition of the base of Quaternary System/Period (and top of the Neogene System/Period), and redefinition of the base of the Pleistocene Series/Epoch (and top of the Pliocene Series/Epoch). The ICS submitted for IUGS ratification its recommendation that:

1) the base of the Pleistocene Series/Epoch be lowered such that the Pleistocene includes the Gelasian Stage/Age and its base is defined by the Monte San Nicola GSSP, which also defines the base of the Gelasian;

2) the base of the Quaternary System/Period, and thus the Neogene-Quaternary boundary, be formally defined by the Monte San Nicola GSSP and thus be coincident with the bases of the Pleistocene and Gelasian; and

3) with these definitions, the Gelasian Stage/Age be transferred from the Pliocene Series/Epoch to the Pleistocene.


More information on the subject can be found on our website: http://www.geo.uu.nl/inqua-nl/ or on http://www.quaternary.stratigraphy.org.uk/ Kind regards,

JS On behalf of INQUA-Netherlands


PalaeoMal 09:03, 28 xullo 2009 (UTC)

  • Podes dar a ligazón exacta da web da IUGS onde aparece esa nova para poder varolala. Can you give the exact IUGS link? and when it was ratified? --RNC 14:17, 28 xullo 2009 (UTC)

Nome editar

Aínda que a RAG pon era cuaternaria, período devónico, sistema pérmico... con minúscula como se fose un simple adxectivo, en realidade é o NOME da era, período ou sistema e debería escribirse en maiúscula: era Cuaternaria, período Devónico, sistema Permiano... (exactamente igual que o Cuaternario, o Devónico o Permiano... que en orixe eran adxectivos pero que están usados como nomes). Isto é o que prescriben as autoridades xeolóxicas internacionais e o usado en todos os idiomas que coñezo. Por otra parte, a incoherencia de dicir Devónico pero Permiano é evidente (é dicir, tería que ser Devoniano, Permiano ou ben Devónico, Pérmico). Estes nomes xeolóxicos foron en parte mellorados ultimamente no DRAG (antes aínda estaban peor), pero penso que aínda son incorrectos neses aspectos e non hai que tomar esta decisión do DRAG como a Biblia ou algo xa definitivo, porque seguramente terán que modificalo outra vez (a anterior versión tamén parecía "definitiva" e xa a modificaron e como digo aínda van ter que modificala máis).--Miguelferig (conversa) 25 de novembro de 2016 ás 22:49 (UTC)Responder

Boas, Miguelferig. Ao parecer a RAG en canto aos nomes dos períodos xeolóxicos segue a mesma norma ortográfica que o castelán: os nomes dos períodos xeolóxicos, eóns, eras etc. escríbense con maiúscula inicial (Plistoceno, Holoceno, Cretáceo...); cando o período en cuestión vai acompañado por un adxectivo este escríbese en minúscula (Xurásico inferior, ao igual que nos períodos da historia Paleolítico superior) e cando os substantivos xenéricos (período, eón, era..) van acompañados por un adxectivo escríbese todo en minúscula (era mesozoica, eón fanerozoico, período carbonífero...). Ligazóns en castelán: Ortografía e Blog de Lengua. Saúdos.--Isili0n (conversa) 22 de xullo de 2017 ás 11:55 (UTC)Responder
Sí, pois xa me dirás cal é a diferenza entre Idade Media e período Xurásico (xurásico?). Está claro que a palabra funciona como adxectivo e debe ir con minúscula en frases como "nos estratos xurásicos de Arizona encóntranse fósiles de dinosauros". Pero non está tan claro en "no período Xurásico (ou xurásico?) abundaban os dinosauros", porque aquí funciona como nome do período, non como adxectivo. Formalmente a palabra orixínase como adxectivo, tanto en "o Xurásico" coma en "período Xurásico" (xurásico?), xa que a palabra se formou a partir do nome das montañas do Xura en Alemaña, pero a pesar desa orixe funciona neses casos como o nome propio do período ou era, non como un atributo do período ou era. As autoridades que marcan a nomenclatura xeolóxica e estratigráfica escríbenos con maiúscula, pero os idiomas oficiais que utilizan son o inglés e francés, pero a RAG parece que decidiu facer o mesmo que en castelán. Haberá que aterse ao que diga a RAG, pero a RAG xa cambiou en moitas ocasións os seus ditames en moitas cousas. Teño diante o libro de Geología Física de Strahler (tradución en castelán) e nel usan era Cenozoica, período Jurásico etc. con maiúscula seguindo a norma científica da Comisión Internacional de Estratigrafía (ICS) e a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS), polo que tampouco en castelán se respecta iso en textos científicos (ao mellor nunha novela si).--Miguelferig (conversa) 22 de xullo de 2017 ás 12:23 (UTC)Responder

O único que se me ocorre é que manteñan unha analoxía entre período medieval e período xurásico como unha composición de termos independentes e, en cambio, ven Xurásico e Idade Media como os nomes oficiais e asentados para os períodos xeolóxico e histórico correspondentes. Tamén cómpre sinalar que a Ortografía di: "Si el periodo se designa mediante un sustantivo genérico (era, periodo) seguido de un adjetivo, se recomienda escribir ambos elementos con minúscula inicial: la era cenozoica, la era cuaternaria, el periodo carbonífero", polo que se trata para o castelán dunha recomendación (inda que non menciona a alternativa "menos recomendable" de escribir o adxectivo en maiúscula). Independentemente, penso que temos que adaptarnos ao que a RAG vaia ditaminando e no caso de que o cambien pois volvemos cambialo.--Isili0n (conversa) 22 de xullo de 2017 ás 13:00 (UTC)Responder

Volver á páxina "Era cuaternaria".