Procesos eólicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 8:
No fenómeno da erosión eólica é determinante a superficie sobre a que actúa o vento. A súa alteración non se limita a puntos ou áreas limitadas como ocorre coa [[erosión hídrica]]; a acción do vento exércese sobre a totalidade da superficie. En espazos amplos, a erosión produce a miúdo escavacións de depresións pouco fondas chamadas cuncas ou [[depresión de deflación|depresións de deflación]]. Orixínanse en áreas máis ou menos chairas e desprovistas de vexetación onde o solo está exposto á acción do vento. As partículas finas ([[arxila]]s e [[limo]]s) son levantadas por correntes verticais que sobrepasan as velocidades de [[decantación]]; o po difunde na [[atmosfera]] ata alturas que van desde poucos metros a varios miles. A altura depende da intensidade da turbulencia do vento, da súa duración e do tamaño das partículas. Como resultado, pode producirse unha densa [[nube]], chamada tormenta de po.
[[Ficheiro:260 Boa Vista.jpg|miniatura|250px|Deserto de pedras ou ''reg'' na illa de [[Boa Vista, Cabo Verde|Boa Vista]], ([[Cabo Verde]]).]]
O carácter selectivo da erosión eólica ao tomar partículas finas e deixar [[grava]]s e cantos, demasiado grandes para o seu transporte, orixina o denominado ''deserto de pedras'', ''hammada'' ou ''reg''. Estas altiplanicies estradas de fragmentos rochosos onde o material fino prácticamente foi eliminado polo vento, e onde a acción da [[Meteorización|termoclastia]] é moi activa, presentan, en ocasións, vastísimos desenvolvementos como na «Hammada de Guir» en [[Marrocos]]-[[Alxeria]] e a «Hammada al Hamrah» en [[Libia]].
 
As superficies expostas dos cantos e afloramentos do substrato rochoso poden presentar unha película de tonalidade case negra chamada ''[[verniz desértico]]''. Está formado por un recubrimento de óxido de manganeso ou de ferro, levado á superficie por solución ([[capilaridade]]) e depositado como unha película lustrosa sobre as superficies lisas por [[evaporación]]. Nalgúns lugares, a evaporación da humidade capilar deixa un depósito de [[carbonato de calcio]] ou [[xeso]] que actúa como cemento, endurecendo o pavimento e converténdoo nunha codia de aspecto conglomerático.
Liña 19:
[[Ficheiro:Saltation-mechanics-i18n.png|miniatura|Mecanismos de transporte eólico: 1.- rodadura e deslizamento, 2.- [[saltación]], 3.- suspensión (4.- dirección do vento).]]
O vento despraza as partículas soltas, basicamente, segundo os mesmos mecanismos que as [[escorrentía]]s hídricas, en función do tamaño do gran e da velocidade do [[fluído]]. Os grans de area viaxan a favor do vento, permanecendo preto da superficie, separándose gradualmente das partículas máis grosas que pesan demasiado para que o vento as desprace lonxe. Deste modo orixínase unha masa característica de sedimentos coñecida como ''area eólica'' ou area de [[duna]], cuxas partículas teñen un [[diámetro]] entre 0,1 e 1 mm, composta na súa maior parte por cuarzo, por ser o mineral cuxa dureza e resistencia química o converten no material máis duradeiro que conteñen as rochas. Os grans de cuarzo transportados polo vento ofrecen formas redondeadas e as súas superficies están cubertas de fracturas microscópicas causadas polo impacto duns grans contra outros.
As partículas máis grosas son transportadas por ''rodadura'', ''reptación'' e ''deslizamento'' sobre a superficie; os grans de area poden viaxar por ''[[saltación]]'' elevándose ata alturas de 2 ou 3 metros nalgúns casos. As partículas finas (limos e arxilas) poden desprazarse en suspensión e ser elevadas a grandes alturas polas correntes ascendentes, tan frecuentes nas rexións cálidas.
 
Saltación e suspensión son os mecanismos máis importantes do transporte eólico. As partículas realizan saltos a favor do vento; tralo impacto con grans na superficie, poden rebotar de novo e elevarse. Deste xeito, o vento transfire enerxía cinética ao gran, o cal, ao chocar coa superficie de area, retira outras partículas e pode proxectalas ao aire. As partículas de limo e arxila poden permanecer en suspensión con vento turbulento, e incluso case indefinidamente no caso dos grans moi pequenos. As grandes tormentas de area elevan partículas ata 250 metros de altura e avanzan con velocidades que poden chegar a alcanzar os 200  m/s. Estimouse que se transportan entre 500 e 1&nmbsp;000 millóns de toneladas de po desde todas as fontes cada ano. Algunhas das tormentas máis potentes de po do [[Sahara]], alcanzan os países meridionais de Europa e mesmo chegan ás costas orientais de América do Sur, cruzando o océano Atlántico.
[[Ficheiro:Meseta de Loes.png|miniatura|Mapa da meseta de [[loess]] do [[río Amarelo]] ([[China]]).]]
Outros cálculos estiman que en 1 &nbsp;km³ de aire poden viaxar en suspensión unhas 900 toneladas de po. Tendo isto en conta, unha tempestade de po de 500&nbsp;km de diámetro podería transportar máis de 90·10<sup>6</sup> toneladas de po, dabondo como para construír un outeiro de 3&nbsp;km de base e 30&nbsp;m de altura. O transporte de sedimentos polo vento é realizado por ''rodadura'', ''reptación'', ''deslizamento'', ''saltación'' e ''suspensión''. Os grans grosos fano polos tres primeiros mecanismos citados, os de tamaño medio por saltación e os máis finos por suspensión.
 
O vento é tamén, polo menos en parte, responsable da formación dun depósito amarelado, homoxéneo, de gran fino e sen estratificar: o [[loess]]. A maior parte dos autores están de acordo en que a súa xénese se debe ás nubes de po que foron dispersadas a partir dos depósitos [[glaciar]]ios e [[fluvioglaciar]]ios, polos ventos fortes anticiclónicos que sopraban desde as vastas capas de xeo continentais do [[Plistoceno]]. Crese que os potentes depósitos de loess de [[Europa central]], [[Rusia]], [[China]], [[Estados Unidos]], [[Arxentina]], [[Nova Zelandia]] e outros lugares, foron sedimentados, prioritariamente, en ''épocas interglaciarias'' ou ''postglaciarias'', baixo condicións climáticas máis secas e frías que as existentes hoxe. Na China, por exemplo, a extensa superficie de loess, de arredor de 750&nbsp;000&nbsp;km<sup>2</sup>, ten un grosor de máis de 250 m e as súas capas basais foron depositadas hai uns 2,4 millóns de anos, de acordo con medicións [[Paleomagnetismo|paleomagnéticas]].
Liña 40:
As diferenzas entre estas tres clases de formas eólicas débense aos balances entre os mecanismos de transporte e deposición.
 
Os ''ripples'' son ''rizaduras'' producidas en sedimentos sen consolidar análogas ás que se forman baixo a auga, pero con cristas algo máis agudas. Estas rizaduras, formadas por saltación das partículas, son comúns en todas as superficies de area.
 
Os procesos para a formación de ripples están relacionados coa interacción dinámica entre o fluxo do vento e o movemento de sedimentación. O inicio adoita producirse ao chou, coa presenza dun pequeno obstáculo na superficie, un segmento de area mollada ou unha variación local do tamaño do sedimento ou da velocidade do vento; o resultado é a aparición de pequenos montículos de area. Estes montículos presentan unha cara a [[barlovento (meteoroloxía)|barlovento]] que rexistra a maior parte dos impactos das partículas, mentres que a cara oposta, a de [[sotavento]], é a que recibe os grans por saltación. Os grans máis grosos tenden a acumularse na crista, mentres que o material máis fino se deposita nas concavidades entre cristas.
 
Son, non obstante, as dunas as que mellor caracterizan as morfoxéneses do vento. As dunas poden presentar unha fascinante variedade de modelos dependendo de factores como:
Liña 72:
=== Bibliografía ===
* ''Geografía Física'', por Francisco López Bermúdez / José Manuel Rubio Recio / José María Cuadrat. Editorial: CÁTEDRA 1992. ISBN 84-376-0893-7 .
 
* ''Compendio de Geografía General'', por P. Gourou e L. Papy. Editorial:RIALP 1977. ISBN 84-321-0249-0