Defensa antiaérea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Artillaría mediante HotCat
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Bofors-aa-gun-algeria.jpg|thumb|300px|Soldados estadounidenses cun canón antiaéreo [[Bofors 40 mm]] preto da costa de [[Arxelia]] en [[1943]].]]
 
A '''defensa antiaérea''' é un dos métodos para derribar [[aeronave]]s militares en combate, desde terra ou auga (ou simplemente "superficie", para englobar a ambos). Varias armas e [[Canón (artillería)|canóns]] úsanse para isto desde que as primeiras aeronaves militares se usaron na [[primeira guerra mundial]], crecendo en poder e en seguridade cos anos. Despois da [[segunda guerra mundial]] comeza a era dos [[mísil]]es guiados, especificamente os "[[mísil terra-aire|mísiles terra-aire]]", e úsanse en combinación de moitas formas.
 
Houbo adaptacións de sistemas de [[artillería]] estándares que se usaron como antiaéreos, con pezas estándares sobre chasis, e mellorando a efectividade das armas antiaéreas antes da [[segunda guerra mundial]].
 
As [[Oxiva (arma)|oxivas]] dos proxectís úsanse con diferentes tipos de [[espoleta]]s: [[explosivo]]s ([[presión barométrica|barométricas]], con retardo de tempo), ou de [[Espoleta de proximidade|proximidade]], para xerar fragmentos de metal na área do branco. Un exemplo clásico dun canón antiaéreo de gran calibre é o [[8,8 cm FlaK 18/36/37/41|canón alemán de 88 mm]].
 
As armas de longo alcance deste tipo son superadas en boa medida polos máis efectivos sistemas de [[Mísil antiaéreo|mísiles antiaéreos]] que foron introducidos na década de 1950; con todo, grazas ao seu relativamente baixo custo de fabricación comparado cos sistemas máis modernos, aínda se utilizan en grandes cantidades nalgúns países.
 
Para usos de curto alcance, requírese un arma máis lixeira cunha cadencia de disparo máis alta, para garantir o impacto nun obxectivo rápido. Os [[Canón automático|canóns automáticos]] de 20  mm, 37  mm e 40  mm son os máis usados para este fin. A diferenza de armas máis pesadas, estas armas lixeiras empréganse amplamente hoxe en día polas mesmas razóns que foron introducidas: a habilidade de seguimento rápido do obxectivo.
Os sistemas modernos a miúdo utilizan canóns automáticos, que foron previstos orixinalmente para uso aire-terra. Con todo, os últimos avances en mísiles de curto alcance estanse presentando como viables para substituílos neste uso.