Pobo otoe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 12:
Os '''otoe''' son un [[Pobos indíxenas de América|pobo indíxena]] do medio oeste dos Estados Unidos de América. A súa lingua, o [[Lingua chiwere|chiwere]], forma parte da familia [[Linguas síux|síux]] e é falada por outros pobos afíns como os [[pobo iowa|iowa]] e os [[pobo missouria|missouria]].
 
Historicamente, os otoe vivían como un pobo semi-nómade nas chairas centrais a carón do [[río Missouri]], nos estados de [[Nebrasca]], [[Kansas]], [[Iowa]] e [[Missouri]] . Construían casas de cortiza de [[Olmo|umeiro]] cando traballaban a terran, e usaban [[tipi]]s cando viaxaban, como outras tribos das chairas. Moitas veces abandonaban as súas aldeas para cazar [[bisonte]]s.
 
No [[século XIX]], moitas das súas vilas foron destruídas mor das liortas con outras tribos. O contacto cos europeos e as enfermidades xogaron un papel principal no seu declive. Hoxe en día, están federalmente recoñecidos como "tribo otoe de Oklahoma", e comparten reserva co pobo [[Pobo sauk|sauk]] e [[pobo meskwaki|meskwaki]].