Lingua asiria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{outroshomónimosOutros homónimos|Asirio}}
 
O '''asirio''' é unha lingua semítica, que forma unha rama lingüística do [[lingua acadia|acadio]], falado e escrito na [[Asiria]] antiga, coñecida por un importante corpus de inscricións monumentais e taboíñas cuneiformes. As diferenzas entre o asirio e a rama [[lingua babilonia|babilonia]] do [[lingua acadia|acadio]] son sobre todo sensíbeis na fonética.
 
== Historia ==
Distínguense tres estados sucesivos do dialecto asirio: '''paleoasirio''', '''asirio medio''' e '''neoasirio'''.
 
=== O paleoasirio ===
O paleoasirio é a lingua de documentos que datan dos séculos [[século -XIX|-XIX]] e [[século -XVIII|-XVIII]], esencialmente atopados no emporio comercial asirio de [[Kanesh]], en [[Anatolia]]. Esta lingua é próxima ao paleobabilonio contemporáneo, e conserva así a [[mimación]]. A lectura deste dialecto é a miúdo complicada pola vontade dos escribas de utilizaren un número reducido de signos cuneiformes (seguramente porque a maioría deles non eran escribas). Desde o punto de vista fonético, non se contraen as vogais consecutivas nunha mesma palabra, e hai normas de harmonía vocálica particulares.
 
=== O asirio medio ===
Escríbese o asirio medio do [[século -XIV]] ao [[século -XI|-XI]], no reino de [[Asiria]]. Como no caso do [[lingua babilonia|babilonio]], este período ve desaparecer a mimación. O ''wa''- inicial verbal convértese nun simple ''u''-, mentres que -''w''– que se atope no interior dunha palabra vólvese a miúdo en -''b''-. O sufixo -''u'' vinculado ao verbo final dunha oración subordinada vólvese –''ni''. O estativo implica tamén algunhas formas particulares.
 
=== O neoasirio ===
O neoasirio é a lingua do [[Imperio asirio]], que domina o [[Oriente Próximo]] de [[-911]] a [[-612]]. Documéntase polo tanto moi abundantemente, malia a que non é a lingua das inscricións reais, que se escriben en babilonio normal. O neoasirio coñece evolucións próximas ás do neobabilonio, en particular, desde o punto de vista fonético o -št - que pasa a ser -lt-, e a nivel gramatical a notación irregular das desinencias casuais.
 
== Corpus ==
Os primeiros textos traducidos foron as inscricións do palacio de [[Sargón II]], o rei neoasirio.
 
Liña 24:
:'''Nota''': a lingua falada polos [[cristiáns asirios]] contemporáneos, cuxa ascendencia [[asiria]] é moi discutida ou mesmo negada, é unha rama moderna do [[lingua aramea|arameo]].
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[lingua acadia]].
** [[lingua babilonia]].
* [[asirioloxía]].
* [[lingüística]].
** [[linguas do mundo]].
Liña 34:
**** [[linguas afroasiáticas]].
***** [[linguas semíticas]].
=== Ligazóns externas ===
* [http://oi.uchicago.edu/research/pubs/catalog/cad/ The Assyrian Dictionary of the Oriental Institute of the University of Chicago (CAD). Consulta e/ou descarga do dicionario de asirio feito na Universidade de Chicago]
 
{{Linguas semíticas}}
Liña 42:
 
{{ORDENAR:Asirio}}
 
[[Categoría:Lingua acadia]]
[[Categoría:Asiria]]