San Román de Montoxo, Cedeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{OutroshomónimosOutros homónimos|San Román}}
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Montoxo}}
{{Parroquia
|nome = San Román de Montoxo
Liña 14:
'''San Román de Montoxo''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Cedeira]], na [[comarca de Ferrol]]. Segundo o padrón municipal de [[2007]] tiña 447 habitantes (226 homes e 221 mulleres), distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 489 habitantes.
 
== Xeografía ==
'''San Román de Montoxo''' esténdese pola marxe dereita do [[río das Mestas]] e as abas do coto de Freixido e de Penáguia. Limita polo norte coa parroquia de [[Piñeiro, Cedeira|Piñeiro]], dende o lugar da Trabe até o rego de Candales, que a separa tamén da parroquia de [[Régoa, Cedeira|Régoa]] até a ponte de Braxe. Polo leste limita coa parroquia de [[Montoxo, Cedeira|Montoxo]] dende a dita ponte de Braxe e seguindo este regato, o coto de Aneiros e a pasada de Vagariños e o río das Mestas. Este mesmo río sepáraa polo sur da parroquia de [[Cerdido, Cerdido|Cerdido]]. Por último polo oeste limita coa parroquia de [[Esteiro, Cedeira|Esteiro]], dende o río das Mestas até o lugar da Trabe.
 
A estrada de Cedeira ao Campo do Hospital atravesa a parroquia de oeste a este por Vena, Venta da Cabra, Veciñeira, Costa, Silvela, Aneiros e Arón.
 
== Patrimonio ==
A igrexa parroquial, na honra de San Román está situada no sur da parroquia, preto do río das Mestas e conta tamén cun cemiterio ao seu carón.
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de San Román de Montoxo ===
{{Lp San Román de Montoxo}}
=== Parroquias de Cedeira ===
{{Cedeira}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Cedeira]]
 
[[Categoría:Parroquias de Cedeira]]