Feás, Cariño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Feás}}
{{Parroquia
|nome = Feás
Liña 13:
'''San Pedro de Feás''' é unha parroquia que se localiza no sur do concello de [[Cariño]]. Segundo o [[IGE]] en [[2010]] tiña 201 habitantes (102 mulleres e 99 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 264 habitantes.
 
== Xeografía ==
'''Feás''' está situada no extremo sur do concello sobre a enseada de Susavila onde desemboca o río Seixo que atravesa esta pequena parroquia. Linda polo norte e polo oeste coa parroquia de [[Landoi, Cariño|Landoi]] dende a Punta do Cepo na beira da ría ate o curso alto do río Seixo, polo sur limita coa parroquia de [[Veiga, Ortigueira|Veiga]] dende o monte da Franca até o rego do Mallo na enseada de Susavila e polo leste o límite e a [[Ría de Ortigueira]], dende a Punta do Cepo até o rego do Mallo.
 
A estrada de Mera a Cariño cruza a parroquia de Sur a Norte pasando polos lugares de Susavila, A Rúa, Outeiro, Barral e Piñeiro.
 
== Patrimonio ==
A igrexa parroquial, anexa da de Veiga, é de construción moderna. Ten planta de cruz latina e ao seu carón pegado ao adro está o cemiterio. Celébrase a romaría da Virxe dos Remedios.
 
O [[Castro da Cancela]] é un [[Castro (poboado)|poboado castrexo]] de chaira, formado por unha croa superior e terraza. Está rodeado parcialmente por unha muralla que desaparece no lado norte e un foxo que segue en dirección leste.
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Feás ===
{{Lp Feás}}
=== Parroquias de Cariño ===
{{Cariño}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Cariño]]
 
[[Categoría:Parroquias de Cariño]]