Utopía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m nome real do persoeiro
Liña 2:
 
[[Ficheiro:New Harmony by F. Bate (View of a Community, as proposed by Robert Owen) printed 1838.jpg|miniatura|300px|Representación utópica de [[Robert Owen]] ([[1838]]).]]
A '''utopía''' é a idea ou representación dunha civilización ideal, fantástica e imaxinaria, referíndose a unha cidade ou a un mundo paralelo ao actual. É un termo que vén do grego e significa "bo lugar que non existe". Foi inventado por [[TomásThomas MoroMore]], un escritor inglés e humanista, que estaba impresionado polas narracións extraordinarias de [[Américo Vespucio]] sobre a illa de [[Fernando de Noronha]]. TomásMore dixo que nesa illa podíase construír unha civilización perfecta e debido a isto escribiu un libro titulado ''Libellus, de optimo reipublicae statu, deque nova insulta Vtopiae'' no que Fernando de Noronha pasaría a ser o lugar perfecto da primeira utopía.
 
Utopía tamén pode considerarse como un modo optimista de ver o mundo e de ver as cousas como nos gustaría que fosen. Existen catro tipos de Utopía: a económica, a relixiosa, a política e a ambiental.
 
== Tipos de Utopía ==
 
=== Económica ===
As utopías socialistas e comunistas centráronse na distribución equitativa dos bens, con frecuencia anulando completamente a existencia do diñeiro. Os cidadáns dedícanse ás labores que máis lles agrada e que se orientan ao ben común, permitíndolles contar con moito tempo libre para cultivar as [[arte]]s e as ciencias.