Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
reducindo número (16) cacofónico de "escritora"s
Liña 36:
A directora do filme, Zaza Ceballos, explicou que tres personaxes fundamentais do [[século XIX]], que "casualmente eran tres mulleres galegas e coetáneas", [[Emilia Pardo Bazán]], [[Rosalía de Castro]] e [[Concepción Arenal]], fixérona idear unha especie de triloxía que inaugura a autora coruñesa. O obxectivo último do filme é recoller todos os elementos que conformaron a vida e a obra de Pardo Bazán, intentando ser o más fiel posíbel á realidade.
 
O contorno que pisou a escritora recréase en distintos espazos con gran realismo: a Casa-Museo da escritora, sede da [[Real Academia Galega]], onde rodaron algunhas escenas da súa xuventude; o [[mosteiro de Poio]] ([[Pontevedra]]) recrea unha librería presente en toda a película e onde a autora debatía co libreiro e a súa filla; tamén se utilizaron lugares como os xardíns do [[Pazo de Meirás]], o [[Ateneo de Madrid]] ou a Fábrica de Tabacos da Coruña, que inspirara a Pardo Bazán para escribir ''La Tribuna''.
 
No proceso de documentación da película colaboraron especialistas na vida e obra da ilustre escritora, como [[Darío Villanueva]], secretario da [[Real Academia Española]], [[Xosé Ramón Barreiro]], experto ''pardobazanista'', Ángeles Quesada, autora de numerosos artigos sobre a escritora ou Julia Santiso, conservadora da [[Casa Museo de Emilia Pardo Bazán]].
 
== Intérpretes ==
Interpretar a unha muller tan contundente, intensa e emblemática como Pardo Bazán requiría doutra muller con forza e personalidade na pantalla. A elixida foi a galega [[Susana Dans]]. Traballar co personaxe foi un traballo fondo, debido "á gran cantidade de material sobre a escritora".
 
A interpretación susténtase tamén con actores e actrices, tanto galegos como do resto do territorio español. [[Mabel Rivera]], [[Antonio Durán "Morris"]], [[Manuel Lourenzo]] ou Casilda Alfaro representan "as voces críticas ou de aceptación da escritora no contorno da sociedade onde viviu", segundo a directora.
Liña 49:
 
== Outros datos ==
A presentación da longametraxe tivo lugar no Instituto coruñés de Ensinanza Secundaria ''Eusebio da Guarda'' ante centenares de estudantes, porque a [[Xunta de Galicia]], a través da [[Secretaría Xeral de Igualdade]], apoiarase na figura da escritora para editar diverso material didáctico que afonde nos valores da igualdade, dos que a Pardo Bazán foi unha pioneira defensora. A directora de [[TVG]], [[Rosa Vilas]], destacou na presentación que la película quere contribuír á recuperación da biografía da escritora coruñesa, "comprometida coa súa obra na loita feminista" e no recoñecemento de valores fundamentais como a igualdade entre os sexos na creación literaria. "É unha película para o gran público, para rescatar unha figura que fixo de todo a pesar de ser muller, sen deixar de ser muller e reivindicando a súa condición de muller", puntualizou Vilas. Pola súa parte, a secretaria xeral de Igualdade, [[Marta González]], engadiu que a película salda unha "débeda histórica" con Pardo Bazán pola loita que desempeñou a favor das mulleres en tempos de adversidade.
 
Emitiuse na [[TVG]] o [[10 de abril]] de [[2012]], ás 22:35 horas. A produción contou coa colaboración de varias televisións autonómicas, e proximamente será emitida por [[Telemadrid]], [[Canal Sur]], [[ETB]] e [[Ràdio Televisió Valenciana|Canal 9]].