Mundial de Fútbol de 1934: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
|despois = [[Mundial de Fútbol Francia 1938|Francia 1938]] {{FRAb}}
}}
O '''Mundial de Fútbol de 1934''' (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Campionato Mondiale di Calcio'') foi a segunda edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de [[fútbol|fútbol asociación]], a [[mundial de fútbol|Copa do Mundo FIFA]]. Xogouse en Italia entre o [[27 de maio]] e o [[10 de xuño]] de [[1934]]. Para este torneo trinta e catro asociacións solicitaron participar, polo que esta vez realizáronse eliminatorias preliminares para determinar as dezaseis seleccións participantes. Só participaron catro equipos non europeos: {{sela [[selección de fútbol da Arxentina|Arxentina}}]], {{selo [[selección de fútbol do Brasil|Brasil}}]], {{sel[[Selección de fútbol dos Estados Unidos|Estados Unidos}}]] e {{sel[[Selección de fútbol de Exipto|Exipto}}]], que foi a primeira selección africana en participar do certame.
 
O campión foi {{sel|Italia}} que se impuxo a {{sel|Checoslovaquia}} na final por 2 a 1. Como protesta ao boicot do torneo anterior, [[Uruguai]] negouse a participar e converteuse no único equipo campión que non defendeu o seu título. Nesta edición o torneo sufriría un cambio de formato, substituíuse a fase de grupos por dúas fases de eliminación directa. Os partidos definiríanse en 90 minutos, cunha prórroga en caso de empate. Se o partido continuaba empatado logo dos 120 minutos, xogábase un partido desquite en lugar dunha [[penalti|rolda de penaltis]]. O torneo foi utilizado por [[Benito Mussolini]] como propaganda [[Fascismo|fascista]], do mesmo xeito que o faría [[Adolf Hitler]] cos [[Xogos Olímpicos de 1936]]. Debido a isto houbo moitas presións para que Italia gañase a copa, sobre todo aos árbitros, moitos dos cales foron suspendidos nos seus países de orixe.