Víctor Manuel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 76:
En [[1988]] saca o disco ''Qué te puedo dar'', trabállao con Roberto Costa para volver cambiar sons. A canción "La madre" trata sobre o mundo da droga coa perspectiva da nai do enganchado. Tamén está a historia dun transexual "Como los monos de Gibraltar". Recibe a [[Mazá de Ouro]], máxima distinción do Centro Asturiano de Madrid.
 
En [[1990]] lanza o disco ''El delicado olor de las violetas''. E logo de tres anos, en [[1993]], saca un novo disco ''A donde irán los besos.''. En [[1994]] produce a súa última película. Ese mesmo ano chega o seu proxecto máis exitoso ''Mucho más que dos'', con invitados de luxo: [[Joaquín Sabina]], [[Joan Manuel Serrat]], [[Pablo Milanés]], [[Manolo Tena]], [[Juan Echanove]], [[Miguel Ríos]] e [[Antonio Flores]], quen desparecería pouco despois. Grávase en disco dobre e fan unha xira de España a [[NewNova York]].
 
Estrean no disco ''Yo también nací en el 53'' de [[Andrés Molina]], e ''Contamíname'' de [[Pedro Guerra]], coa que gañan o [[Premio Ondas]] a Mellor Canción. Un ano despois invita a [[Pablo Milanés]] a realizar unha xira conxunta ''En blanco y negro'' con tres novas cancións, unha con letra de [[Joaquín Sabina]] e música de Pablo e Víctor, outra de [[Pedro Guerra]] e a última de [[Jorge Drexler]]. Ademais intercambian cancións, duetos e cantan "Un ramito de violetas'" de [[Cecilia]]. Produto desta xira Milanés e Víctor Manuel lanzan o disco do mesmo nome.