Sub Pop: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios + cda
Liña 24:
O seu primeiro paso foi o Sub Pop Singles Club, un servizo de subscripción que permitiu aos seus subscriptores recibir sinxelos de bandas locais mensualmente por correo. Isto permitíulle á Sub Pop converterse nunha compañía forte na escena local, e o seu nome era sinónimo da música da area de [[Seattle]], do mesmo xeito que a Motown Records o era de [[Detroit]]. A súa primeira edición do Singles Club foi o sinxelo de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] "Love Buzz/Big Cheese", en novembro de [[1988]]. O Singles Club rematou cinco anos despois e relanzouse en [[1998]] durando ata [[2002]].
 
Para aumentar a popularidade do [[grunge]], Pavitt e Poneman trouxeron a un xornalista da revista británica Melody Maker para escribir un artigo da escena musical local.
 
Aínda que a Sub Pop foi importante na popularización do [[grunge]], algúns fans criticaron a Pavitt e a Poneman polas súas accións. Eses fans sentían que o seu rol na popularización do [[grunge]] estaba motivada máis por avaricia que por amor á música. Despois de que moitas exitosas bandas de [[grunge]] deixasen a Sub Pop tras asinar con grandes discográficas formouse unha empresa conxunta coa Warner..
Liña 31:
 
== Éxito comercial ==
Sub Pop ten dous álbums de platino, ''[[Bleach]]'' de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] e ''Flight of the Conchords'' de [[Flight of the Conchords]]; ademais de dous álbums de ouro, ''Give Up'' de [[The Postal Service]] e ''Wincing the Night Away'' de [[The Shins]]. O sinxelo "New Slang" destes últimos tamén foi ouro, e o sinxelo editado dixitalmente para "Such Great Heights" de The Postal Service foi platino.
 
O [[31 de xaneiro]] do [[2007]] Sub Pop anunciou que o terceiro álbum de The Shins para o selo, ''Wincing the Night Away'', estreárase no número 2 nas listas da ''[[Billboard]]'', conseguindo unhas vendas de 117.991 copias (35.000 dixitalmente) na súa primeira semana. Esta é a primeira vez que un álbum de Sub Pop entrou nos dez primeiros postos das listas ou superou a cifra de 100.000 discos vendidos na súa semana de estrea.
Liña 140:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.subpop.com/ Páxina da Sub Pop]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Discográficas independentes dos Estados Unidos de América]]