Peshawar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios + cda
Liña 1:
'''Peshawar''' é unha cidade de [[Paquistán]], capital da provincia da [[Fronteira Noroeste]]. Situada no extremo setentrional do país, no val do río Kabul ao pé do [[Hindu Kush]] ao norte e do [[Paso do Khiber]] no oeste que a separa de [[Afganistán]], é o centro comercial da rexión, histórica entrada no [[subcontinente indio]] dende occidente. Conta con máis de tres millóns de habitantes (estimacións de 2010; gran número de refuxiados afgáns).
 
A súa situación estratéxica remonta as orixes da cidade a varios séculos antes da nosa era (época do reino budista de [[Gandhara]] que viu a chegada de [[Alexandre Magno]]) aínda baixo estudo arqueolóxico. Coñecida, porén, é a existencia de '''Purushapura''', unha fundación [[khushana]] de arredor de dous mil anos de antigüidade, que converteuse na súa capital e á que o emperador [[pobo mongol|mongol]] [[Akbar]] deulle o seu nome actual que significa "o lugar na fronteira". No [[século XIX]] foi obxecto de disputa entre [[sijs]] e [[Imperio Británico|británicos]] en cuxo poder mantívose ata a independencia da [[India]].
 
 
{{sen referencias}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Cidades de Paquistán]]