Xoán Manuel Pintos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 41:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Placa Xoán Manuel Pintos, Pontevedra.jpg|miniatura|esquerda|Placa en homenaxe en [[Pontevedra]].]]
Xoán Manuel naceu no seo dunha familia de clase media [[burguesía|burguesa]]. Os seus pais eran Basilio Pintos García, funcionario de aduanas, e Ramona Villar Rodríguez, ambos naturais de Pontevedra. Foi o terceiro de cinco irmáns (dúas mulleres e tres homes). Trasladáronse a [[Ferrol]], onde a nai finou sendo Xosé Manuel aínda un cativo. Viviu logo na Coruña onde estudou [[Humanidades]] no [[Convento de San Domingos da Coruña|Convento de San Domingos]] e, máis tarde, na [[Universidade de Santiago de Compostela]], fixo Filosofía (1825), que completou co aprendizaxe de música e [[violín]], e [[Dereito]] (dende [[1829]] a [[1835]]). Xa licenciado impartiu docencia universitaria na materia de Institucións Canónicas. Dende [[1837]] a [[1840]] traballou de [[avogado]] na Coruña, posteriormente, en [[1840]], foi nomeado [[xuíz]] de primeira instancia en [[Cambados]] polo goberno progresista. O ano seguinte casou con Serafina Amando Boullosa, irmá de [[José Benito Amado Boullosa]], coa que tivo catorce fillos. Logo de ser destituído como xuíz en [[1844]] polo goberno conservador, e ata [[1862]], exerceu de avogado enna Pontevedrasúa vila natal, ondesendo chegou[[fiscal]] e chegando a ser decano do colexio profesional. eEn Pontevedra impartiu ensino público e privado. Finalmente, dende 1862, foi [[rexistro da propiedade|rexistrador da propiedade]] na cidade de [[Vigo]]. Colaborou cos xornais ''[[El País (1857)|El País]]'' e ''[[La Perseverancia]]'', ambos os dous editados en Pontevedra, ''El Álbum'' de ''[[El Miño (Vigo)|El Miño]]'', ''[[El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego]]'' e ''[[La Caridad (Vigo)|La Caridad]]''.<ref name="GEG">{{Versaleta|[[Xosé María Dobarro|Dobarro Paz, X. M.]]}}: "Pintos Villar, Xoán Manuel". ''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|Gran Enciclopedia Gallega]]'', [[2005]].</ref>
 
Foi nomeado socio de mérito da agrupación [[La Galicia Literaria]], fundada en Madrid por [[Teodosio Vesteiro Torres]].