Pepe Miñones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Liña 1:
[[Ficheiro:José Miñones Bernárdez.jpg|miniatura|150px|José Miñones Bernárdez.]]
'''José Miñones Bernárdez''', coñecido como '''Pepe Miñones''', nado en [[Corcubión]] o [[1 de maio]] de [[1900]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[2 de decembro]] de [[1936]], foi un avogado, empresario e político galego.
 
Liña 5:
Fillo de [[Manuel Miñones Barros]]. Estudou [[Dereito]] na Universidade de Madrid e rematou a carreira na [[USC]]. Creo o Partido Socialista Agrario en Corcubión. Loitou polo [[ferrocarril]], a redención de foros, o [[agrarismo]] e a educación. Fundou en Corcubión a revista ''[[Nerio (revista)|Nerio]]'' (1920), na Coruña o semanario ''[[Región Gallega]]'' (1924) e ''[[Finis Terre]]'', e foi propietario do xornal ''[[La Provincia (Úbeda)|La Provincia]]'' de [[Úbeda]] (1928)<ref>[http://www.vbeda.com/provi/ Diario La Provincia de Úbeda]</ref>. Foi promotor e principal accionista da Electra Popular Coruñesa e de Hidroeléctrica La Loma. Militante do [[Partido Republicano Radical]], foi elixido [[deputado]] pola [[provincia da Coruña]] nas [[Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia|eleccións xerais de 1933]]. Seguidor de [[Diego Martínez Barrio|Martínez Barrio]], pasou con el ao [[Partido Radical Demócrata]] e despois a [[Unión Republicana (España 1934)|Unión Republicana]]. Volveu ser elixido deputado nas [[Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia|eleccións xerais de 1936]] nas candidaturas do [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]], pola mesma circunscrición.
 
[[Ficheiro:José Miñones Bernárdez 1934.jpg|miniatura|175px|José Miñones Bernárdez, retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1934.]]
Ao iniciarse a [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi detido polos sublevados na [[A Coruña|Coruña]], encarcerado, condenado a morte e ao pago dunha multa dun millón de [[peseta]]s. Foi fusilado no [[Campo da Rata]] o [[2 de decembro]] de [[1936]].
 
Liña 11 ⟶ 12:
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|José Miñones Bernárdez}}
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Pepe Miñones. Un crimen en la leyenda (1900-1936)|nome= Luís|apelidos= Lamela|ligazónautor= Luís Lamela|coautores= |ano= 1991|editorial= [[Do Castro]]|localización= [[Sada]]|isbn= 84-7492-538-X}}