Ikurriña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
Segundo explicaba Arana (por exemplo, en 1895, por boca dun personaxe ''bizkaitarra'' en ''[http://www.sabinetxea.org/libro/libro/11.html La bandera fenicia]''), o deseño da bandeira baseouse no do escudo de Biscaia. Ten un fondo vermello, cor do señorío de Biscaia e, segundo Arana, cor do antigo fondo do escudo. Sobre este fondo, superpónse unha aspa verde, símbolo do apóstolo [[Andrés o Apóstolo|Santo Andrés]], patrón de Biscaia, tomada das sete cruces da bordura do escudo. Simbolizaría a independencia biscaina por terse acadado o día de Santo Andrés a [[batalla de Arrigorriaga|vitoria de Arrigoriaga]] contra os españois. Á cruz de Santo Andrés superponse unha cruz branca, símbolo da relixión católica, como a que aparece inserida no carballo do escudo. Esta orde na colocación das cruces significaba que a lexislación biscaína debía "''supeditarse en todo ás leis relixiosas e morais''".
 
A verba ''ikurriña'' é tamén creación de Arana, un neoloxismo procedente de ''ikur'' (''simbolo'' en éuscaro) que pretendía traducir ó [[éuscaro]] o vocábulo [[lingua castelá|castelán]] ''bandera'' (compárese coa voz catalana ''[[senyera]]''). Na práctica úsase só, tanto en castelán como en éuscaro, para referirse a estaeste enseñaestandarte en concreto. Actualmente as grafías máis habituais son ''ikurriña'' en castelán e ''ikurrin(a)'' en vasco.
 
Arana deseñou esbozos de bandeiras para outros territorios vascos, pero non se chegaron a difundir. A ikurriña, inicialmente símbolo de Biscaia, converteuse nuns anos en símbolo do [[País Vasco]], arreconchegando símbolos máis antigos como o ''[[lauburu]]'' ou o ''[[arrano beltza]]'' (aguia negra) do [[Reino de Navarra]]. Adoptouse como enseñaestandarte oficial do País Vasco en [[1934]], pero foi ilegalizada polo goberno militar sublevado en 1936. Durante o goberno de Francisco Franco a súa exhibición foi duramente perseguida en España, o que a converteu nun símbolo anti-franquista. En parte por iso, foise popularizando no [[País Vasco francés]]. Durante os inicios da transición española trala morte de Franco, a súa exhibición seguiu sendo castigada en ocasións, pero relaxouse a presión. Así, por exemplo, o 5 de decembro de 1976, ó inicio dun partido de fútbol entre a Real Sociedad de San Sebastián e o Athletic Club de Bilbao, os capitáns de ambos equipos saíron ó campo portando unha ikurriña, sen ser detidos. O 19 de xaneiro de 1977 volveu a permitirse o seu uso en España, e en 1979 o estatuto do País Vasco recoñeceuna como a bandeira oficial.
 
Utilízana tamén os nacionalistas vascos en [[Navarra]]. No [[País Vasco francés]], aínda que non é oficial, é un símbolo aceptado pola práctica totalidade dos habitantes como símbolo cultural.
Liña 25:
Na Comunidade Foral Navarra, principalmente na zona vascófona, varios concellos exhibían a ikurriña nas súas fachadas: o de [[Leiza]], por exemplo, facíao desde a legalización da bandeira en 1977. Esta situación cambiou despois de que en 2003 o Parlamento Navarro aprobara a [http://www.cfnavarra.es/bon/034/03411002.htm Lei Foral de Símbolos de Navarra]. Esta lei obriga a tódalas entidades da Administración Local de Navarra a exhibir a [[bandeira de Navarra]] no exterior de tódalas súas sedes e edificios de servizos públicos, así como en despachos e salóns de plenos corporativos e prohibe que ondeen máis bandeiras que a oficial de cada entidade local, a bandeira oficial de Navarra, [[Bandeira de España|a de España]], e a [[Bandeira da Unión Europea|de Europa]], salvo por protocolo en actos de irmanamento ou en visitas oficiais de autoridades doutro país, comunidade autónoma ou entidade local. Baseándose nesta lei, as autoridades forais denunciaron e pediron a inhabilitación de alcaldes que permitían a colocación de ikurriñas nos edificios municipais.
 
Por isto algúns concellos navarros recorren a invitar a conselleiros da comunidade autónoma do País Vasco ás súas festas locais, podendo colgar así legalmente a ikurriña nas fachadas das casas consistoriais. Outros concellos navarros colocan ao enseñaestandarte nun lugar público destacado alleo ó consistorio, como se fai en varios municipios da comunidade autónoma vasca, onde si é legal que a ikurriña ondee na fachada, pero só cando se coloca a bandeira española en lugar preferente. Moitos outros concellos navarros limítanse a facer ondear as bandeiras oficiais.
 
[[Categoría:Símbolos do País Vasco]]