Skeleton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Skeleton mediante HotCat
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Brady Canfield skeleton start 2.jpg|miniatura|dereita|250px]]
O '''skeleton''' é un deporte olímpico de [[inverno]] que xunto co [[bobsleigh]] e o [[luge]] representan distintas modalidades de descenso en [[zorra]].
 
== Historia ==
O skeleton é a máis antiga das tres modalidades de descenso en zorra. Naceu como tal a finais do [[século XIX]] en [[St. Moritz]], [[Suíza]] cando un [[Inglaterra|inglés]] chamado Child introduciu unha nova zorra de metal cuxa forma lembraba un esqueleto humano, de aí o seu nome. De xeito oficial comezouse a practicar no Club Alpino de Konigsee, en [[Alemaña]], onde está a pista de skeleton máis antiga que existe.
 
Ao igual que no luge e no bobsleigh é moi importante a saída, que ten que ser explosiva para coller velocidade o máis axiña posible, de aí que se empregue un calzado especial coa máxima adherencia. Unha vez collida velocidade nos primeiros 50 [[metro]]s, o piloto-esbarador colócase boca abaixo na zorra, procurando que a súa postura sexa o máis aerodinámica e plana posible.
 
O casco que se emprega ten unha protección especial no queixo, xa que a cara do esbarador pasa moi preto do chan. Os traxes que se empregan actualmente están fabricados con fibras sintéticas e especialmente deseñados para axustarse ao corpo e ofrecer a mínima resistencia ao aire.
 
Outra característica importante é que non existe un volante ou temón para afrontar as curvas, senón que é propio esbarador o que carga o seu peso cara un lado ou outro segundo a dirección que deba tomar a zorra.