Équites: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 8:
En tempos da [[Monarquía romana|monarquía]] co rei [[Servio Tulio]], os cidadáns moi ricos podían equiparse con dous cabalos, animal moi estimado na época e que resultaba moi caro de manter. Segundo o ordenado por Servio Tulio, só podían chegar a ser cabaleiros os que alcanzaban boa posición económica, cunha determinada cantidade de bens. As centurias dos cabaleiros formáronse efectivamente coas fortunas máis importantes. É o que se chamaba censo máximo. Ademais esixíaselles ser fillos de pais libres. A elección adoitábase facer tendo en conta todos estes requisitos e entre as familias máis antigas.
 
Os équites formaban ''[[turmas]]'' de 30 homes. Cada turma estaba composta por 3 ''[[decurias]]'' de 10 homes cada unha. Sobre a decuria mandaba un ''[[decurión]].''
 
Os historiadores contan que nos primeiros tempos os équites combatían tamén nunhas loitas precedidas de desafíos, ao estilo dos [[torneos]] e as xustas da [[Idade Media]]. Cando se trataba dun combate, facíano formando unha masa. Iniciábano cargando sobre o inimigo, a quen hostigaban polos flancos, dando lugar así a que a [[infantaría]] puidese avanzar e atacar polo centro.
 
En tempos de paz eran os encargados de manter en bo estado os poucos [[Cabalo|cabaloscabalo]]s (mil oitocentos aproximadamente) que posuía o pobo romano en carácter de propiedade do [[Senado]] e o pobo.
 
A mediados do mes quinto, os [[censores]] constituíanse na parte máis alta da escalinata do [[templo]] de [[Cástor e Pólux]] co obxecto de presenciar o desfile de cabalos e deste xeito pasarlles revista. Se notaban que algún animal era mal coidado polo seu dono, quitábano da súa propiedade e asignábano á responsabilidade doutro cidadán.
Liña 33:
Os équites recibían o anel ou recoñecemento do seu rango directamente do [[emperador]], que os seleccionaba de entre os cidadáns romanos que puidesen demostrar unha fortuna de 400.000 [[sestercio]]s, e que normalmente procedían das elites das cidades romanas das provincias; tamén os centurións primus pilos e os prefectos dos campamentos das lexións accedían á orde ecuestre.
 
Desde a época dos [[Dinastia flavia|Flavios]], a súa importancia foi aumentando, pasando a desempeñar os prestixiosos cargos de secretarios da chancelaría imperial.
 
A medida que avanzaban o [[século II]] e o [[século III]], a súa importancia foi medrando ao se crear cada vez máis prefecturas e procuradurías encomendadas a eles, até o punto de que algúns emperadores, como [[Macrino]], eran équites e non [[Senado romano|senadores]]. Na época de [[Galieno]], suprimíronse no exército os cargos senatoriais, especializándose os cabaleiros nos mandos militares.
Liña 50:
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Roma antiga]]
[[Categoría:Grupos sociais]]